Tag Archive for: concello


O Concello de Carral abre este mércores o prazo de inscrición para a III Liga de Pádel de Carral que se disputará durante estes meses de verán. Na 2ª edición desta liga foron un total de 18 parellas as rexistradass nesta competición con formato de parellas e mixto.

O torneo dará comezo o próximo 3 de febreiro estando previsto que se prolongue ata o 15 de xuño. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.

Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo entre o 15 e o 24 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/uKSexGHLRa6cGdut5

O trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez (5º na clasificación xeral).

Dentro da programación municipal de Nadal, o Concello de Carral organizou este domingo 22 de decembro a 23ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal.

Esta competición, clásica destas datas festivas, disputouse no pavillón municipal de Espiño reunindo a un total de 56 inscritos. Os participantes dividíronse en 4 categorías (sub-10, sub-14, absoluto e mellor local). A competición iniciouse ao redor ás 16.00 h e constou de 7 roldas de 10 min. por xogador cun incremento de 3 segundos. A sétima e última partida terminou ás 19.50 h, tras a cal Rodrigo Pena Barbeito (Club Ajedrez Magic de Extremadura) proclamouse campión absoluto do torneo. O xogador do club extremeño, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda, xusto por diante do cercedense Guillermo Ambroa Barbeito e Roberto Blandón Pao (Club Xadrez Sigrás).

O xogador do Club de Xadrez Magic de Estremadura, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda.

En canto á categoría sub-14 o triunfador foi Andrés Blanco Rodríguez (Club Xadrez Arteixo e 4º na xeral). A segunda posición da categoría foi para Mario Graña Vázquez (de Carral), pechando o pódium Rafael Soto Flrian (Club Xadrez Arteixo).

Por último, en canto á categoría sub-10, o campión foi Roi Bello (Carballo). A segunda recaeu en Mario García (Carballo) e finalmente a terceira posición foi para Brais García (Carral).

En canto ao trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez.

Terminada a rolda de partidas, ao redor das 20.00, foron entregados os premios da man do alcalde de Carral, Fº. Javier Gestal Pouse, quen destacou a altísima participación de xogadores nas categorías máis novas do evento (uns dos principais obxectivos do torneo), chegando a alcanzar o 65 % do total de rexistrados.

A concellería de deportes agarda a uns 50 inscritos para este clásico torneo do 22 de decembro.  Read more

Carral abre este mércores, 11 de decembro ás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro ás 12.00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 2 semanas que se ofertan dende o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro.

Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos (10.00-14.00 h), o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).

Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de Ed. Infantil e Ed. Primaria, levaranse a cabo durante as vacacións de Nadal en quendas semanais (2) e terán unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas/semana, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.

O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.

As persoas interesadas poderán tramitar a inscrición cubrindo o boletín dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cubrindo o formulario online disposto para tal fin. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas. Máis información na Casa da Cultura de Carral – casadacultura@carral.es – 981.67.25.80.


O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para o VIII Torneo de Pádel de Carral que se disputará durante estes meses de verán. Na 7ª edición, celebrada nos meses de xullo e agosto do 2023, foron un total de 34 xogadores (17 parellas) os rexistrados nesta competición con formato de parellas e mixto.

O torneo dará comezo o próximo 5 de agosto e prolongarase ata o 15 de setembro. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.

Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 1 de agosto, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin:https://forms.gle/2kZP2uKjJMxBXGm86


O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para as rutas a cabalo do mes de xullo que terá lugar o sábado 27 de xullo entre ás 18.00 e as 19.00 h.

A actividade desenrolarase a cargo do Centro Ecuestre Finca Abrigosa (San Vicente de Vigo), e está dirixida a persoas (maiores de 7 anos) que desexen gozar dos cabalos e a natureza.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte e a natureza entre a poboación, así como a posta en valor da riqueza medioambiental de Carral. Tamén quérese posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes do municipio.

Para todas aquelas persoas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 25 de xullo, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/fxmseP48VVxbDz7T7

Máis de 50 nenos e nenas participaron nos cursos de natación durante o mes de xullo

Un ano máis o Concello de Carral ofertará cursos de natación para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos durante o mes de agosto.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 12.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

O prazo para anotarse nestes cursos vai desde as 9.00 h do 16 de xullo ata as 12:00 h do 24 de xullo. A inscrición poderase formalizar a través do formulario web ou en persoa no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).  

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de pádel do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS

INFORMACIÓN DOS CURSOS DE PÁDEL:

Datas e horario: do 1 ao 31 de xullo
Grupo 1: luns e mércores de 19:30 a 20:30 h
Grupo 2: luns e mércores de 20:30 a 21:30 h

Lugar: Complexo Deportivo de Carral
Destinatarios: A partir de 6 anos (preferencia empadroados/as).
Prezo: 22 € /mes
Observacións para a inscrición:
Prazo dende o 21 (09:00 h) ao 26 (12:00 h) de xuño.
Prazas limitadas / adxudicaranse por orde de inscrición

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
– Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
– Preferencia aos empadroados/as.

Publicación das listas de admitidos: 27 de xuño.
Prazo de pago: entre o 28 e 30 de xuño (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.

Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es

Carral abre hoxe, martes 12 de decembro, o prazo de solicitude dos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata as 14.00 h do 19 de decembro.

Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de Xantar (de 14.00 a 16.00 horas).

Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2013 e o 2020, terá unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.

Para inscribrise, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal.

Form. web
B. inscrición