Tag Archive for: concello

O Concello de Carral terá aberto do 2 de setembro ao 1 de outubro o prazo para presentar solicitudes de axudas ao abeiro da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Carral para a promoción da cultura e o deporte e actividades medioambientais 2026.

O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades culturais e as festas parroquiais, coa finalidade, no ámbito cultural, de fomentar un uso activo e creativo do lecer, contribuír á conciliación da vida familiar, fomentar as tradicións e o patrimonio cultural local, promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega. No ámbito do medio ambiente o obxecto é a protección, concienciación e divulgación ambiental a través do fomento da participación no medio ambiente, colaborar con actividades medioambientais no ámbito educativo, fomentar a participación da mocidade na dinámica medioambiental, fomentar a reforestación con árbores autóctonas e o coidado e mantemento dos terreos cedidos en custodia polo Concello de Carral. E no ámbito deportivo e físico, o obxectivo é o fomento e a promoción do deporte e a actividade física, en especial no deporte en idade escolar e no ámbito feminino.

O Concello de Carral destina a estas subvencións un total de 40.400 €.

As axudas deberanse solicitar a través da Sede Electrónica do Concello de Carral, onde as entidades atoparán toda a información da convocatoria e os formularios para a tramitación.

Os departamentos de Medio Ambiente (Casa do Concello), Cultura e Deportes (Casa da Cultura) están a disposición das asociacións e clubs para atender dúbidas e axudar coa tramitación das solicitudes.

Unha vez rematado o prazo de inscrición nos CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE XULLO de 2026 que se impartirán entre o 1 e o 31 de xullo, publícanse ás LISTAS PROVISIONAIS das solicitudes admitidas, así como os diferentes GRUPOS E HORARIOS coas seguintes observacións:

  1. Os inscritos están ordenados alfabeticamente polo seu APELIDO.
  2. As prazas adxudícanse segundo a orde de inscrición tendo preferencia aqueles nenos/as empadroados ou matriculados en centros educativos en Carral.
  3. Para formalizar a inscrición é preciso facer o pago nas datas e forma establecidas previamente (do 29 ao 30 de xuño).

A partir do vindeiro 1 de outubro arrinca o curso 2025-2026 das escolas deportivas e socio-educativas municipais.

Para outras consultas ou aclaracións, pódense poñer en contacto coa Casa da Cultura (981.67.25.80 – casadacultura@carral.es) ou no departamento de Educación (678.338.872 – educacion@carral.es).

.

INDICACIÓNS:

  • Fanse públicas as listas de admitidos/as e reservas para o curso 2025-2026 das actividades deportivas e socio-educativas municipais.
  • Nos vindeiros días publicaranse os días e horas de inicio das actividades/presentacións das mesmas.
  • Consultas e máis información, na Casa da Cultura (981.67.25.80 – casadacultura@carral.es).

Durante este mes de xullo foron máis de 50 os nenos e nenas participantes nestes cursos municipais.

A concellería de Deportes clausurou este xoves 31 de xullo os cursos de natación que se viñeron impartindo nas piscinas municipais durante todo o mes.

Foron un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos,  os que participaron nestes cursos estivais que se impartiron en horario de mañá de luns a venres.

Os participantes dividíronse en 3 quendas en función das súas idades, empezando a primeira quenda ás 11:45 h e terminando a última ás 14:00 h. As clases foron impartidos por monitores especialistas tendo unha duración de 45 minutos e sempre en presenza dun socorrista.

Cursos mes de agosto

Cabe destacar que este venres, dan comezo os cursos de natación do mes de agosto, nos que están inscritos un total de 63 nenos e nenas. Do mesmo xeito que no mes anterior os participantes divídense en 3 quendas en función da súa idade, establecéndose dentro de cada quenda un grupo de iniciación e outro de perfeccionamento en función do nivel de cada 1 dos alumnos.

Este curso impartirase entre o 1 e o 29 de agosto, de luns a venres e nos mesmos horarios que no mes de xullo.

O verán pasado, máis de 50 nenos e nenas participaron nestes cursos durante o mes de xullo.

.

INDICACIÓNS:

  • As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 29 de agosto.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2008, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • O prazo de pago será dende o 29 de xullo e o 4 de agosto.
  • Formas de pago: (28 €/alumno/a)
    • Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será IMPRESCINDIBLE enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
    • Con Tarxeta bancaria nas dependencias do Complexo Deportivo

INDICACIÓNS:

Máis información, no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).

A instalación abrirá este venres 13 de xuño, tras os labores de mantemento e mellora realizados polo Concello

Carral inaugurará o venres 13 de xuño, a nova tempada de verán coa apertura da piscina municipal. O Concello abrirá a instalación despois de realizar melloras no entorno da piscina, como a poda das árbores para garantir unha maior claridade, encintado do vaso da piscina, limpeza da beirarrúa perimetral, resembrado na zona axardinada, etc. A piscina funcionará de luns a domingo (incluídos festivos) ata o 7 de setembro en horario de 12.00 a 21.00 horas.

Como todos os anos, o Concello ofrecerá diferentes modalidades de abono para os empadroados na localidade. Ademais da entrada individual diaria –que contará con bonificacións para a 3ª idade e para as persoas menores de 18-, haberá abonos familiares e individuais. Os menores de 3 anos poderán acceder de xeito gratuíto. Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais, deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.

Cursos de natación

Pola outra banda, un ano máis, o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 31 de xullo e do 1 ao 29 de agosto.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.30 e as 14.00 h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequenos en horario máis próximo ao medio día. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno cada mes.

O prazo de inscrición para os cursos de xullo irá dende o 16 ao 23 de xuño, mentres que a inscrición para os cursos de agosto irá desde o 14 ao 23 de xullo. A inscrición poderase tramitar a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro Municipal de Carral. Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, (tlfo. 678.33.88.47), ou en complexo.deportivo@carral.es.


O Concello de Carral abre este mércores o prazo de inscrición para a III Liga de Pádel de Carral que se disputará durante estes meses de verán. Na 2ª edición desta liga foron un total de 18 parellas as rexistradass nesta competición con formato de parellas e mixto.

O torneo dará comezo o próximo 3 de febreiro estando previsto que se prolongue ata o 15 de xuño. Nas primeiras semanas disputarase unha fase de liguiña por grupos, de cuxas clasificacións sairá o cadro eliminatorio. Os partidos disputaranse en horario de serán, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.

O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un custo reducido.

Para todas aquelas parellas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo entre o 15 e o 24 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/uKSexGHLRa6cGdut5

O trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez (5º na clasificación xeral).

Dentro da programación municipal de Nadal, o Concello de Carral organizou este domingo 22 de decembro a 23ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal.

Esta competición, clásica destas datas festivas, disputouse no pavillón municipal de Espiño reunindo a un total de 56 inscritos. Os participantes dividíronse en 4 categorías (sub-10, sub-14, absoluto e mellor local). A competición iniciouse ao redor ás 16.00 h e constou de 7 roldas de 10 min. por xogador cun incremento de 3 segundos. A sétima e última partida terminou ás 19.50 h, tras a cal Rodrigo Pena Barbeito (Club Ajedrez Magic de Extremadura) proclamouse campión absoluto do torneo. O xogador do club extremeño, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda, xusto por diante do cercedense Guillermo Ambroa Barbeito e Roberto Blandón Pao (Club Xadrez Sigrás).

O xogador do Club de Xadrez Magic de Estremadura, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda.

En canto á categoría sub-14 o triunfador foi Andrés Blanco Rodríguez (Club Xadrez Arteixo e 4º na xeral). A segunda posición da categoría foi para Mario Graña Vázquez (de Carral), pechando o pódium Rafael Soto Flrian (Club Xadrez Arteixo).

Por último, en canto á categoría sub-10, o campión foi Roi Bello (Carballo). A segunda recaeu en Mario García (Carballo) e finalmente a terceira posición foi para Brais García (Carral).

En canto ao trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez.

Terminada a rolda de partidas, ao redor das 20.00, foron entregados os premios da man do alcalde de Carral, Fº. Javier Gestal Pouse, quen destacou a altísima participación de xogadores nas categorías máis novas do evento (uns dos principais obxectivos do torneo), chegando a alcanzar o 65 % do total de rexistrados.

A concellería de deportes agarda a uns 50 inscritos para este clásico torneo do 22 de decembro.  Read more