- A actividade, dispoñible para municipios membros da rede ‘Europa no teu Concello’, percorre quince concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil.
- As funcións contan con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
- Poderás solicitar o teu convite en omix@carral.es, no 674.793.475 (chamando ou por WhatsApp) ou no Local Interxeracional.
O Concello de Carral a través da OMIX (oficina municipal de informacion xuvenil) acolle o día 22 de marzo as 17:30 h. no Local Interxeracional, o contacontos Coñece Europa con Kalopsia, que percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.
Coñece Europa con Kalopsia é un obradoiro de contacontos para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, que explica dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen.
A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.
Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
Pode atopar información xeral na páxina web: