Os escolares e o equipo docente do CPI Vicente Otero Valcárcel volverán ás aulas o vindeiro luns, día 5 de novembro, cunha gran novidade no centro educativo: cunha nova entrada composta por doce portas con apertura de saída de emerxencias.
Este cambio é froito dun acordo entre o Concello de Carral e a Consellería de Educación, que se comprometeu a substituír as portas convencionais por outras de emerxencias.
Coa premisa de non entorpecer a programación lectiva do centro, os traballos para instalar as portas realizaranse entre hoxe, venres 2 de novembro, e mañá, sábado 3 de novembro. Esta nova entrada ” mellorará considerablemente as condicións de seguridade deste centro”, sinalou a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte. O investimento total destinado a esta mellora ascende a preto de 8.000 euros.