Tag Archive for: festa

Imaxen Tanxarina TitiricircusA Concellería de Cultura do Concello de Carral programa nas festas do Socorro de Carral dous espectáculos infantís. O primeiro é un concerto do grupo Mamá Cabra, no que repasará a súa traxectoria destes 15 anos de existencia da agrupación musical que é unha das máis coñecidas dos nenos galegos. Mamá Cabra actuará o sábado 5 de setembro e é un concerto incluído na Rede Cultural da Deputación.

O domingo 6 os pequenos e os maiores da familia poderán gozar dun espectáculo de títeres a cargo da compañía galega Tanxarina, que chega a Carral coa súa veterana función Titiricircus, un espectáculo que acumula 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido. Esta función está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Ámbolos dous espectáculos terán lugar no Campo da Feira a partir das 18:00 h.

A Escola de Verán “Gozar do Tempo Libre”que se organizou todo o mes de xullo e que tivo o seu punto final coa Festa Divírtete en Familia o sábado 1 de agosto contou cunha gran participación de familias con nenos e nenas carraleses. Máis de 120 nenos e nenas participaron nesta medida de conciliación familiar.

Cada semán foron moitas as actividades que se realizaron: obradoiros de recilcaxe,  de decoración, tinte de camisetas, xogos, circuitos de psicomotricidade e deportes, cociña saudable, xogos de auga,… e moito máis. Os máis maiores fixeron tres saídas: á área recreativa de A Brexa, unha visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía de Coruña e a coñecer os muiños de Costa da Égoa e cómo se elabora o noso pan carralés.

E como remate final, o primeiro de agosto na festa da familia continuaron con obradoiros de maquillaxe, pulseiras, saltaron nos inchables e disfrutaron da piscina cun tobogán acuático. E  en cada fin de sesión habia barbacoa familiar e para rematar una Festa da Espuma. Estaba prohibido aburrirse!!!

Deixamos aquí os enlaces con fotos de cada semana :

Primeira semana slide de fotos

Segunda semana slide de fotos

Terceira semana slide de fotos

Cuarta semana slide de fotos

Quinta semana fin da Escola de Verán 2015

Fotos da Festa Divírtete en Familia

IMG_6468IMG_6399IMG_3018

 

IMG_6367  IMG_6411 IMG_6420 IMG_6432  IMG_6482

Imprimir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ImprimirA Festa do Pan de Carral é unha celebración na que se unirán os produtos gastronómicos coas actividades de convivencia musicais, unindo historia, música tradicional e festa. Celebrarase o 9-10 de maio de 2015, dedicando todo un fin de semana á exaltación deste produto típico identificativo do concello de Carral.

Para información chamar ao departamento de Comercio do Concello de Carral 981613520.

Imprimir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ImprimirLa Fiesta del Pan de Carral es una celebración en la que se unirán los productos gastronómicos con las actividades de convivencia musicales, uniendo historia, música tradicional e fiesta. Se celebrara del 9 al 10 de mayo de 2015, dedicando todo un fin de semana a la exaltación de este producto típico e identificativo del Ayuntamiento de Carral.

Para información llamar al departamento de Comercio del Ayuntamiento de Carral 981613520.