Tag Archive for: local interxeracional

Recorda esta data, 8 de xullo. Será o día no que faremos unha excursión a Sanxenxo. Karts, tirolina, kayaks, circuitos arboreos e mais actividades de aventura é do que poderedes gozar todas e todos aqueles que teñades entre 14 e 17 anos. Se estás interesado/a, anota.

INSCRICIÓN:

  • Do luns 15 de xuño ás 9:00 h. (non se admitirán inscricións antes de esa data) ata ó 19 de xuño ás 19:30 h.
  • Enviar a inscrición-autorización por correo electrónico (omix@carral.es), Whatsapp (674.793.475) ou presencialmente no Local Interxeracional (luns-venres 16:30 – 19:30 h.)
  • 17 € (non facer o pago ata confirmación da praza).
  • Prazas limitadas. Por orde de inscrición.
  • Preferencia empadroados/as.

HORA:

  • Saída: 9:00 h.
  • Chegada: 21:00 h.

LUGAR:

  • Local Interxeracional (r/ Alcalde Juan Seijas, Carral)

O xoves 2 e venres 3 de xullo, entre as 11:30 e as 13:30 h, a OMIX de Carral, organiza no local Interxeracional, un obradoiro para aprender a facer podcast.

Nestas duas sesión, dun xeito divertido e ameno, aprenderas a gravar e editar un audio, a difundir un podcast, recibirás consellos de locución e vocalización e incluso prepararás e gravarás un micro programa, todo dunha maneira moi práctica o que fará que sexa moi entretido.

Para os/as nados/as entre 2011 e 2014 que esteades interesados/as, enviadenos a inscrición-autorización por whatsapp (674.793.475), por correo electrónico (omix@carral.es) ou presencialmente no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 19:30 h.).

Por certo! É totalmente gratuito, así que non te despistes porque as prazas son moi limitadas e son por orde de inscrición, con preferencia para os empradroados/as.

Xa está aquí o verán e con el a actividade mais lonxeva que organizamos desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), a excursión ó aquapark de Cerceda, que este ano será o 26 de xuño, venres.

A saída, ás 11:15 h, e a chegada, as 19:30 h. será desde o local Interxeracional (R/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo) e poderase anotar a rapazada nada entre 2009 e 2018, por un prezo de 8 € por participante.

INSCRICIÓNS

  • Do 8 de xuño as 9:00 h. (non se admitirán inscricións antes) ata ó 11 de xuño as 19:30 h.
  • Enviar a inscrición-autorización por Whatsapp (674.793.475) e-mail (omix@carral.es) ou presencial no Local Interxeracional (luns-venres 16:30 – 19:30 h.).
  • Por orde de inscrición.
  • Non facer o pago ata a confirmación da praza.
  • Preferencia empadroados/as.

OBSERVACIÓNS

Levar a comida, protección solar, sandalias, traxe de baño, toalla e protección solar.

Este verán volve o MOCI-CAMPA. Organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) nesta actividade poderás realizar diferentes actividades e pasar un verán divertido e diferente con xogos deportivos, excursións, saídas, obradoiros…

DATAS: Do 23 de xuño o 1 de agosto, de luns a venres (excepto festivo) de 10:30 a 13:30 h. O día de excursión (unha á semana) o horario será de 9:30 a 14:30 h. Podeste anotar a unha ou as semanas que desexes:

  • 1ª semana: 23 – 27 xuño.
  • 2ª semana: 30 xuño – 4 xullo.
  • 3ª semana: 7 – 11 xullo.
  • 4ª semana: 14 – 18 xullo.
  • 5ª semana: 21 – 24 xullo.
  • 6ª semana: 28 xullo – 1 agosto.

PARTICIPANTES: Nados entre o 2009 e 2013 con preferencia para empadroados/as ou que estean cursando os seus estudos nun centro escolar de Carral.

LUGAR: O punto de inicio e de remate da actividade será o Local Interxeracional, pero faremos as actividades por diferentes puntos do concello, e unha excursión á semana fora do municipio.

PREZO: 30 € /semana. Non facer o pago ata que se confirme a praza.

INSCRICIÓNS: Do 4 ó 11 de xuño, a través da sede electrónica (https://sede.carral.es/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/Solicitudinscripcionactividadesconciliacion_N ou no rexistro municipal do concello. Por orde de inscrición.

MÁIS INFO: Na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº8 baixo, Carral), no teléfono 674.793.475 (chamada ou Whatsapp) e no correo electrónico omix@carral.es.

Un novo obradoiro vira da man do programa EN-Acción organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Carral.

Será o venres día 21 entre as 17:00 e as 18:30 h. e nesta ocasión as/os participantes poderán facer diferentes traballos con un material moi peculiar, a resina epoxi.

As rapazas e rapaces de entre 9 e 15 anos que se acheguen polo local Interxeracional, gozaran facendo diferentes figuras e aprenderán como se traballa con esta resina. Non é preciso que as/os interesadas/os se anoten pero as prazas están limitadas á capacidade da aula na que se desenvolvera o obradoiro.

O vindeiro venres 14 de marzo, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza no Local Interxeracional un novo obradoiro a partir das 17:00 h.

Se tes entre 9 e 15 anos pásate polo local e poderás facer as tuas pulseiras, colares e colgantes para o móbil.

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza, dentro do programa EN-Acción do departamento de xuventude, un obradoiro de cociña para rapazas e rapaces de entre 10 e 15 anos.

Este será o primero entre varios que se faran de aqui o verán.

O venres 21 de febreiro a partir das 17:00 e ata as 18:30 h., no local Interxeracional, os/as participantes poderán divertirse facendo eles/as memos/as pequenas e faciles recetas que despois poderan probar.

Para esta actividade non é preciso anotarse pero si que hai un numero limitado de prazas que serán cubertas a medida que se vaia enchendo a sala na que se realizará o obradoiro.

O mércores 26 de xuño, volve a clásica, a clásica excursión que facemos todos os anos e que vos gusta tanto, a do Aquapark de Cerceda.

As/os participantes poderán ser rapazas e rapaces nados entre os anos 2007 e 2016. Sairemos ás 11:30 h do local Inrterxeracional, e voltaremos ó mesmo lugar sobre as 19:30 h.

Para anotarse tedes que enviarnos a autorización, que atoparedes aqui mesmo, por whatsapp ó 674.793.475, por correo electrónico a omix@carral.es ou presentandoa no Local Interxeracional (horario de 16:30 a 20:30). A inscrición estará aberta do luns 17, ás 16:30 h. ata o xoves 20 de xuño ás 13:30 h.

Recordade non facer o pago dos 8 € ata que vos avisemos. Non vos demoredes, xa que as prazas, para as que terán preferencia as/os empadroadas/os, son limitadas.

Recomendacións: Levar a comida, toalla, protección solar, gorra e sandalias.

Quizais algúns ou algunhas de vos non o recordaredes pero Humor Amarelo era un programa de televisión nos que os/as participantes intentaban superar probas  de axilidade e habilidade.

Pois desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha saída a estas instalacións, para a mocidade de entre 8 e 17 anos.

Será o día 29 de setembro, saíndo desde o local Interxeracional (r/ Alcalde Juan Seijas, nº8, enfronte ó CEIP Vicente Otero Valcarcel) ás 16:30 e regresando ó mesmo lugar ás 20:00 h.

O prezo e de 10 €, e tes ata o 24 de setembro para anotarte, para o que deberás enviarnos a autorización da nai/pai por whatsapp ó 674.793.475, ou por correo electrónico a omix@carral.es.

Importante:

  • Recomendase levar roupa comoda e outra para cambiarse.
  • Avisaremosvos de cando teñades que facer o pago.
  • Se o tempo non acompaña cambiarase a actividade para outro día.


Os xoves e venres, a partir do 26 de novembro, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza un torneo de tenis de mesa para mozas e mozos de entre 13 e 17 anos.

Se estas interesado/a en participar ou precisas mais información, tes que enviar un correo electrónico a omix@carral.es. Enviarémosche a ficha de inscrición e terás que reenviárnola cuberta.

Recordámosche que tes que cumprir a normativa COVID, uso da mascarilla, o lavado de mans e manter a distancia de seguridade.

 

Cartel (Imaxe)