O Concello de Carral manifesta o seu compromiso coa cultura, traballando para buscar solucións á diversa programación cultural que non se está podendo facer e a que se verá afectada a curto prazo polos efectos do coronavirus. O departamento municipal de Cultura segue a traballar na busca de alternativas para que as múltiples actividades, actos, espectáculos e eventos se adíen, mais non se cancelen. Se están manexando varias opcións para poder ofrecer á cidadanía de Carral unha completa programación, aínda coas dúbidas que existen sobre a evolución da pandemia, de cando se poderán levar a cabo este tipo de actividades, de cales serán as características dos espazos e os aforos permitidos, e de como se irá avanzando cara a normalidade que coñecíamos antes das restricións sanitarias.
Os programas máis afectados son aqueles que anualmente se manteñen nunhas mesmas datas. Son os casos do acto do Premio de Poesía Concello de Carral, as Noites de Cine, o ciclo Músicas Íntimas e dos Venres de Monólogo. Ademais están diversas actividades que se realizan nos centros de ensino, nas bibliotecas municipais, os espectáculos de teatro de outono ou os ciclos de cine na Casa da Cultura, entre moitos outros. Para todas elas estanse buscando alternativas para que se poidan levar a cabo unha vez as autoridades sanitarias autoricen facelas. Unha das opcións que se barallan é que a programación do 2020 poida estenderse ata o Entroido. Para iso tamén se está atento ás medidas que se están a adoptar desde a Xunta de Galicia ou a Deputación, xa que boa parte da programación se realiza en colaboración con estas administracións.
É inquedanza do Concello de Carral manter o nivel de actividade cultural da que se beneficia a veciñanza, á vez que mantén o apoio e compromiso coas industrias e os traballadores culturais, un sector sempre moi precarizado e que neste tempo de corentena está a sufrir unhas consecuencias económicas moi complicadas.
Tag Archive for: monólogo
Despois de dúas magníficas sesións de humor con Diana Sieira e Luis Pousada, o próximo venres remata o ciclo de monólogos con Carmen Conde e o seu espectáculo “Premios Darwin. (Unha selección natural de historias)”.
Carmen Conde adícase a recoller historias por toda Galicia. Historias eróticas, de mortes absurdas… E o caso é que a xente ábrelle as portas da súa casa e cóntallas… Aínda sendo consciente de que despois ela llas vai facer chegar a un público unha miguiña máis grande. Así, revestida do humor máis negro, pero do máis auténtico (por verídico), Carmen vainos achegar unha compilación dalgunhas das máis incribles anécdotas que escoitou arredor da morte en Galicia… un repositorio do ridículo e, por que non, un xeito de facerlle alcanzar a eternidade a cada protagonista.
Venres de Monólogo lévase a cabo no Edificio Social Toñito Espiñeira ás 21:00 h, con entrada de balde.
A Concellería de Cultura continúa cos seus ciclos de cine e de teatro con dúas ofertas moi interesantes para esta semana. O venres, ás 20:30 h na Casa da Cultura proxectarase o filme Handia, que acadou 10 premios Goya e que narra a historia real dun mozo que non deixa de medrar.
O sábado, no local Xente Nova de Tabeaio a compañía Teatro do Atlántico presentará Helena, xuízo a unha lurpia no programa Teatro de Outono de Carral. A actriz María Barcala é Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra… A función comeza ás 20:30 h e prégase puntualidade xa que unha vez iniciada a obra non se permitirá o acceso á sala.
A Concellería de Cultura ten xa o balanzo da súa actividade durante o ano 2017. Realizou un total de 71 actividades no que participaron 11772 persoas.
As exposicións supoñen un 68% do total de público dos diferentes eventos. É a mostra do programa Fotos para as mil historias de Carral a que logrou sumar un maior número de espectadores, xa que nos 5 meses que estivo presente no Campo da Feira acumulou un total estimado de 7000 persoas que ollaron as fotos antigas de Carral. Ao coincidir neste período coas festas do Socorro, conseguiuse un gran índice de persoas que puideron gozar desta oferta cultural.
Pola súa banda as artes escénicas nas que se reúne o teatro, a danza, os monicreques e os monólogos, sumaron case 1100 espectadores nun total de 16 espectáculos. A oferta de cine conseguiu 850 espectadores en 24 proxeccións. Nas sesións de contacontos da campaña de animación á lectura da Biblioteca municipal participaron 750 persoas. Nos obradoiros e escolas culturais tomaron parte 240 persoas de todas as idades; e na oferta musical acadouse un total de público de 700 persoas, sendo o de maior concorrencia o concerto de Recambios Tucho e Cru no Campo da Feira.
O 2017 foi un ano de consolidación de diversos programas culturais municipais. É o caso do ciclo de Músicas Íntimas o que se leva a cabo na piscina municipal e que este ano ofreceu os concertos de De Vacas e Gonçalo Guerreiro. Ou o do concerto de rock que se programa na véspera das festas patronais do Socorro ou dos obradoiros e concursos de escrita nos centros de ensino. Tamén foi o ano da conmemoración do vixésimo aniversario do premio de poesía Concello de Carral, celebrado cunha exposición no exterior da Casa da Cultura e a publicación en internet dun documental sobre este concurso literario.
No ano que rematou tamén se escolleron por parte da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural dous dos programas municipais de Carral como modelos de boas prácticas da xestión cultural. Son o certame de poesía Concello de Carral e Fotos para as mil historias de Carral. Esta elección e os resultados obtidos no 2017 enchen de orgullo ao equipo municipal de Cultura e suponlle folgos engadidos para seguir mellorando no seu traballo e na consecución dos seus obxectivos.
O grupo Percubebé estará este sábado no edificio social Toñito Espiñeira co seu espectáculo de música e estimulación sensorial dirixido a nenos de ata 3 anos.
Percubebé, con Marcelo Dobode e Bea Martínez, relacionarase cos bebés a través da música tradicional, empregando os instrumentos da nosa cultura que mellor se adapten a esta idade e xogarán cos diferentes timbres dos instrumentos, así como coas dinámicas, ritmos e estruturas harmónicas. Escoitarán así os diferentes timbres, dinámicas e demais, desenvolvendo así a capacidade auditiva dos bebés. Farán exercicios de coordinación de mans e xogos de movemento para desenvolver a coordinación motriz necesaria para ir interiorizando o pulso. E farán algunha danza para que desenvolvan a capacidade de movemento.
O aforo do espectáculo é limitado. A entrada é de balde e é necesario retirar os convites previamente na Casa da Cultura. Cada bebé pode ir acompañado de dúas persoas.
Esta función está incluída no programa Teatro de Outono que desenvolve o departamento municipal de Cultura.
Ángela Triana actuará na última sesión dos Venres de Monólogo, o 6 de outubro, ás 21:00 h. no edificio social Toñito Espiñeira.
Poucas son as mulleres que se adican a isto do humor, pero Ángela Triana é unha das cómicas máis emerxentes da escea galega, cun monólogo fresco e dinámico no que fala sobre a súa infancia e xuventude. Risas aseguradas.
O delirio cómico comeza cando Ángela laméntase de non ter “aldea” como o resto dos seus compañeiros e compañeiras de infancia. Algo imperdoable na Coruña dos 80 e 90. Despois da súa infancia cóntanos como afrontou a súa xuventude e agora a transición á vida adulta, coa cantinela que ten que escoitar todos os días de que se lle vai pasar o “arroz”. Fálanos desas conversas coas súas amigas xa “mamás” e dos seus fillos “listísimos” e dunha manchea de situacións embarazosas que lle toca vivir a unha muller que chega ós 30.
Con Ángela Triana remata a cuarta edición dos Venres de Monólogo, organizado pola Concellería de Cultura, e no que tomaron parte Cándido Pazó, Lois Pérez e Celso Fernández Sanmartín. Co éxito acadado en todas as funcións, consolídase este ciclo na programación cultural municipal anual.
Ángela Triana actuará en la última sesión de los Viernes de Monólogo, el 6 de octubre, a las 21:00 h. en el edificio social Toñito Espiñeira.
Pocas son las mujeres que se dedican a esto del humor, pero Ángela Triana es una de las cómicas más emergentes de la escea gallega, con un monólogo fresco y dinámico en el que habla sobre su infancia y juventud. Risas aseguradas.
El delirio cómico comienza cuando Ángela se lamenta de no tener “aldea” como el resto de sus compañeros y compañeras de infancia. Algo imperdonable en A Coruña de los 80 y 90. Después de su infancia nos cuenta como afrontó su juventud y ahora la transición a la vida adulta, con la cantinela que tiene que escuchar todos los días de que se le va a pasar el “arroz”. Nos habla de esas conversaciones con sus amigas ya mamás y de sus “hijos listísimos” y de un montón de situaciones embarazosas que le toca vivir a una mujer que llega a los 30.
Con Ángela Triana finaliza la cuarta edición de los Viernes de Monólogo, organizado por la Concejalía de Cultura, y en el que tomaron parte Cándido Pazó, Lois Pérez y Celso Fernández Sanmartín. Con el éxito conseguido en todas las funciones, se consolida este ciclo en la programación cultural municipal anual.
O narrador Lois Pérez é o terceiro protagonista do programa Venres de Monólogo que se está a desenvolver no edificio social Toñito Espiñeira. Historias da corripa é o título do seu repertorio de contos e historias populares, tanto rurais como urbanas, antigas e modernas.
Lois Pérez iniciará o seu espectáculo ás 21:00 h. deste venres 29 de setembro. A entrada é de balde e o aforo limitado. Prégase puntualidade.
El narrador Lois Pérez es el tercer protagonista del programa Viernes de Monólogo que se está desarrollando en el edificio social Toñito Espiñeira. Historias da corripa es el título de su repertorio de cuentos y historias populares, tanto rurales cómo urbanas, antiguas y modernas.
Lois Pérez iniciará su espectáculo a las 21:00 h. de este viernes 29 de septiembre. La entrada es gratuita y el aforo limitado. Se ruega puntualidad.
Despois do éxito de Cándido Pazó o pasado venres, o edificio social Toñito Espiñeira acollerá esta semana os contos e historias de Celso Fernández Sanmartín.
Celso presentará un repertorio composto basicamente por contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre e dándolle un toque contemporáneo.
A función comezará ás 21:00 h. A entrada é de balde e o aforo limitado. Prégase puntualidade para non interromper o espectáculo.