Concello de Carral
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación Municipal
    • Plenos
  • Novas
  • Sede electrónica
  • Coñece Carral
    • Parroquias
    • Patrimonio
    • Turismo
    • Locais Sociais
    • Edificios Municipais
    • Centro médico
    • Farmacias
  • Suxerencias
  • Menu Menu
  • Link to Facebook
Novas Concello

CASE DOCE MIL PERSOAS GOZARON NO 2017 DOS EVENTOS CULTURAIS MUNICIPAIS

A Concellería de Cultura ten xa o balanzo da súa actividade durante o ano 2017. Realizou un total de 71 actividades no que participaron 11772 persoas.De Vacas en Carral - 2017 - 01w

As exposicións supoñen un 68% do total de público dos diferentes eventos. É a mostra do programa Fotos para as mil historias de Carral a que logrou sumar un maior número de espectadores, xa que nos 5 meses que estivo presente no Campo da Feira acumulou un total estimado de 7000 persoas que ollaron as fotos antigas de Carral. Ao coincidir neste período coas festas do Socorro, conseguiuse un gran índice de persoas que puideron gozar desta oferta cultural.

Pola súa banda as artes escénicas nas que se reúne o teatro, a danza, os monicreques e os monólogos, sumaron case 1100 espectadores nun total de 16 espectáculos. A oferta de cine conseguiu 850 espectadores en 24 proxeccións. Nas sesións de contacontos da campaña de animación á lectura da Biblioteca municipal participaron 750 persoas. Nos obradoiros e escolas culturais tomaron parte 240 persoas de todas as idades; e na oferta musical acadouse un total de público de 700 persoas, sendo o de maior concorrencia o concerto de Recambios Tucho e Cru no Campo da Feira.

O 2017 foi un ano de consolidación de diversos programas culturais municipais. É o caso do ciclo de Músicas Íntimas o que se leva a cabo na piscina municipal e que este ano ofreceu os concertos de De Vacas e Gonçalo Guerreiro. Ou o do concerto de rock que se programa na véspera das festas patronais do Socorro ou dos obradoiros e concursos de escrita nos centros de ensino. Tamén foi o ano da conmemoración do vixésimo aniversario do premio de poesía Concello de Carral, celebrado cunha exposición no exterior da Casa da Cultura e a publicación en internet dun documental sobre este concurso literario.

No ano que rematou tamén se escolleron por parte da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural dous dos programas municipais de Carral como modelos de boas prácticas da xestión cultural. Son o certame de poesía Concello de Carral e Fotos para as mil historias de Carral. Esta elección e os resultados obtidos no 2017 enchen de orgullo ao equipo municipal de Cultura e suponlle folgos engadidos para seguir mellorando no seu traballo e na consecución dos seus obxectivos.

3 Xaneiro, 2018/by Carlos
Tags: biblioteca, campo da feira, carral, casa da cultura, certame, cine, cultura, exposición, festa, literatura, monólogo, música, obradoiro, poesía, teatro
Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on Pinterest
  • Share on LinkedIn
  • Share on Tumblr
  • Share on Vk
  • Share on Reddit
  • Share by Mail
https://carral.es//wp-content/uploads/2018/01/De-Vacas-en-Carral-2017-01w.jpg 394 591 Carlos https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png Carlos2018-01-03 10:01:062018-01-03 10:01:22CASE DOCE MIL PERSOAS GOZARON NO 2017 DOS EVENTOS CULTURAIS MUNICIPAIS
You might also like
TRINKETRINKE TEATRO PRESENTA NA BIBLIOTECA “A FESTA DA POESÍA DAS CATRO ESTACIÓNS”
ENTREGA DE PREMIOS DE LA XIII EDICIÓN DEL TORNEO DE TIRO OLÍMPICO DE CARRAL
PRESENTACIÓNS E HORARIOS DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS. CURSO 17/18
O CONCELLO DE CARRAL ACOLLE O OBRADOIRO GRATUÍTO DE CREACIÓN DIXITAL “CONSTRUÍMOS UN RELATO”
O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN AO SANTUARIO DE SANTA MINIA
Ciclo de Cine Concello Carral CARRAL VIVIRÁ UN OUTONO DE PELÍCULA CO SEU CICLO DE CINE
I CARRERA BENÉFICA IES DE CARRAL
PAPEQUES 2019 OFRECE 8 ESPECTÁCULOS INFANTÍS

Novas recentes

  • O CONCELLO DE CARRAL E BREXA FORMALIZAN UN CONVENIO PARA IMPULSAR A CONSERVACIÓN DE CINCO PARCELAS MUNICIPAIS
  • CARRAL ESTREA UNHA NOVA EDICIÓN DE TEATRO DE OUTONO CON OITO ESPECTÁCULOS ATA O 20 DE NOVEMBRO
  • O ALCALDE DE CARRAL PROPOÑERÁ AO PLENO A CESIÓN DUNHA PARCELA PARA A FUTURA RESIDENCIA DE MAIORES
  • O CEIS As Mariñas renova a súa dirección para reforzar a ética na intervención social da comarca
  • O CONCELLO DE CARRAL CULMINA AS OBRAS DE MELLORA DO CEIP DE TABEAIO
  • O TORNEO DE PÁDEL DE VERÁN DE CARRAL PECHA A SÚA DÉCIMA EDICIÓN CON 13 PARELLAS PARTICIPANTES
  • PUBLÍCANSE AS LISTAXES, GRUPOS E HORARIOS DAS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E SOCIO-EDUCATIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 26-27
  • NOVA CONVOCATORIA DAS PROBAS CELGA 2, 3 E 4
  • CARRAL REMATA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE CUNETAS E CANALIZACIÓN DE PLUVIAIS EN SOAVILA
  • SUSPENSIÓN DA FEIRA LOCAL DE CARRAL O 4 DE SETEMBRO POR COINCIDENCIA COAS FESTAS PATRONAIS
  • Publicadas desde o departamento de Educación as listaxes de admitidas no programa de madrugadores 26/27
  • CONVÓCANSE SUBVENCIÓNS PARA AS ENTIDADES NON LUCRATIVAS DE CARRAL
  • CARRAL MODERNIZA O EQUIPAMENTO DO COMPLEXO DEPORTIVO PARA CONSOLIDALO COMO REFERENTE NA COMARCA
  • O ALCALDE DESBLOQUEA UNHA “DEMANDA HISTÓRICA” AO ACADAR UNHA AXUDA PARA AS BANCADAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE OS CAPELOS
  • O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO 23 DE AGOSTO A VII FESTA DA AUGA NAS PISCINAS MUNICIPAIS
  • CARRAL AUNARÁ GASTRONOMÍA E MÚSICA TRADICIONAL NA LI FESTA DA EMPANADA E DO FOLCLORE GALEGO
  • CARRAL INICIA AS OBRAS NO CEIP DE TABEAIO COA VISTA POSTA EN CONTINUAR MELLORANDO OS CENTROS DE ENSINANZA
  • O CONCELLO DE CARRAL E A U.D. CARRAL ORGANIZAN A V EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL DE VERÁN
  • Concello e Xunta axuntan esforzos para ampliar o espazo e a funcionalidade da escola A Galiña Azul
  • O alcalde propoñerá destinar 800.000 euros do remanente a desbloquear “proxectos estratéxicos” para Carral
loader-image
Carral
3:08 p.m., Out 14, 2026
temperature icon 26°C
Humidade 39 %
Vento 6 Km/h
Nubes 100%
Última actualización: 4:45 pm

Enderezo:

Praza Campo da Feira, 1
15175 Carral
A Coruña

Enderezo Electrónico:

correo@carral.es

Teléfonos de Contacto:

Concello: 981670002
Casa da cultura: 981672580
Toñito Espiñeira: 981613520

Policía local: 689544311 / 981670002
Garda Civil: 981670203
Centro de saúde: 981672186

© Copyright Concello de Carral      · Ver política de cookies     · Ver política de privacidad     · Ver aviso legal     · Ver declaración de accesibilidad
  • Link to Facebook
Link to: GRAN PARTICIPACIÓN NO XVII TORNEO DE XADREZ DE NADAL EN CARRAL. Link to: GRAN PARTICIPACIÓN NO XVII TORNEO DE XADREZ DE NADAL EN CARRAL. GRAN PARTICIPACIÓN NO XVII TORNEO DE XADREZ DE NADAL EN CARRAL. Link to: FESTA DE REIS 5 DE XANEIRO 2018 Link to: FESTA DE REIS 5 DE XANEIRO 2018 FESTA DE REIS 5 DE XANEIRO 2018
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Concello de carral