Tag Archive for: Nadal

O Local Xente Nova de Tabeaio acollerá un concerto infantil a cargo de Xabi Longueirón o sábado 26 de decembro ás 17:00 h.

Xabi Longueirón, que é mestre no colexio Vicente Otero, conta cun interesante e exitoso repertorio de música infantil, que o ofrecerá ás nenas e nenos de Carral.

O aforo é limitado e atende ás recomendacións para evitar o contaxio do Covid-19. Para asistir é necesario anotarse antes das 14:00 h. do mércores 23 de decembro chamando ao 981 672 580.


Por mor da pandemia, este ano o Nadal será un pouco diferente, por iso desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos un concurso de videos de TikTok para que rapazas e rapaces a partir de 10 anos, feliciten o Nadal a todas/os as/os veciñas/os de Carral.

Para elo tes que enviar o teu vídeo a omixcarral@gamil.com ou un whatsapp ao 674.793.475, xunto coa ficha de participación ata o 30 de decembro de 2020

 

FICHA PARTICIPACIÓN

 

BASES CONCURSO “ANIMA O NADAL DE CARRAL” (#nadalcarraltitok)

 

PRIMEIRA.- OBXECTIVOS

Este Nadal por mor da pandemia non vai ser como en anos anteriores. Por iso e para felicitar e animar estas datas, convócase desde a OMIX do Concello de Carral, este concurso co que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, e animala a crear vídeos en galego, enviando un vídeo realizado en TikTok.

 

SEGUNDA.- PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán participar todas as mozas e mozos de Carral a partir de 10 anos e ata os 30 anos, de xeito individual ou por parellas. No caso de participar dúas persoas no mesmo vídeo, deberá ser con pantalla compartida para cumprir as normas sanitarias de seguridade. A ou as persoas que participen nos vídeos deberán cubrir a ficha de participación, que se atopará na web municipal (carral.es), e que no caso de menores de idade deberá estar asinada pola súa nai/pai ou titor/a legal.

 

TERCEIRA.- PREMIOS

O concurso establece un premio para o/a gañador/a, á/ó que se lle notificará a través de chamada telefónica.

 

CUARTA.- CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DOS VÍDEOS

  • Os vídeos teñen que estar en lingua galega e deben ser de creación propia, a través da aplicación TikTok, e nos que se valorará a creatividade e orixinalidade.
  • A temática terá que ser referente ó Nadal.
  • A duración de cada peza estará comprendida entre os 15 e os 60 segundos.
  • Non se admitirán vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

 

QUINTA.- PRAZOS, INSCRICIÓN DOS VÍDEOS E PROCEDEMENTO

O derradeiro día para recibir os vídeos de Tik Tok será o 30 de decembro de 2020.

Para inscribise no concurso deberase enviar ao correo electrónico omixcarral@gmail.com, ou un whatsapp o teléfono 674.793.475 coa seguinte documentación:

  • FICHA DE PARTICIPACIÓN, cuberta, asinada (no caso de menores de idade asinarán os/as representantes legais). Descargarase da páxina web municipal.
  • VÍDEO co que se vai participar.

A organización comprobará que se compren os requisitos e validará a inscrición a través dun correo de confirmación.

Todas as pezas admitidas subiranse ao Facebook da Omix Carral.

 

SEXTA.- XURADO

O xurado estará composto por persoal municipal e polo concelleiro de Xuventude, que valorarán o atractivo das pezas no seu conxunto, tanto na forma como no contido, tendo en conta aspectos como a orixinalidade e a creatividade.

 

SÉTIMA.- FASE FINAL

As pezas, así como o seu título e autoría, faranse públicos. Os datos persoais facilitados polas persoas participantes terán como única finalidade a participación no concurso e serán eliminados unha vez rematado este.

A participación neste concurso implica a completa aceptación das bases e das decisións do xurado designado.

 

 

 

Os Reis Magos de Oriente pasarán polos centros socioculturais de todas as parroquias de Carral. Os  horarios das visitas dos Reis para o vindeiro domingo son:
– Monte Xalo: 15:00 h.
– Cabrois: 15:30 h.
– San Vicente: 15:45 h.
– A Cabra: 16:10 h.
– Cañás: 16:30 h.
– O Canedo: 16:35 h.
– As Travesas: 17:10 h.
– Sergude: 17:15 h.
– Beira: 17:35 h.
– Tabeaio: 17:45 h.
– Barcia: 18:10 h.
– Quembre: 18:40 h.
– Carral (O Espiño): 19:00 h.
No pavillón deportivo do Espiño terá lugar unha festa para recibir aos Reis Magos desde as 18:00 h, con ludoteca, hinchables e obradoiros.

Cartel Reis Magos 2020

A concellería de deportes agarda a uns 50 rexistrados para este clásico torneo do 27 de decembro.  Read more

Cartel Panxoliñas 2019.O Coro de Mulleres Rurais de Guísamo e a Coral Polifónica Aires de Carral ofrecerán un concerto de panxoliñas en Tabeaio, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Carral.

O concerto terá lugar o domingo 22, ás 19:00 h. no local Xente Nova. A entrada é de balde.

Este festival forma parte da programación de Nadal que organiza o Concello de Carral.

Cartel Cociña Nadal 2019.Nas actividades que a concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o Nadal, incluíuse un obradoiro de dous días para elaborar un menú especial para estas datas festivas. O curso, dirixido a adultos, levarase a cabo o 16 e 18 de decembro no Centro Municipal de Formación Antón Fraguas en horario de 20:00 a 21:30 h.

As persoas interesadas deberanse inscribir na Casa da Cultura aboando 5 euros antes do 12 de decembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.