Tag Archive for: Nadal

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza un obradoiro de postais de nadal para nenos e nenas de entre 3 e 10 anos o próximo venres 23 de decembro, ente as 10:30 e a 13 h. na biblioteca pública municipal.
O obradoiro é gratuito e as prazas son limitadas, así que se queres anotarte debes facelo antes do 21 de decembro na Casa da Cultura ou chamando ó teléfono 981.67.25.80.

Cartel (Imaxe)

festa reis magos xaneiro 2016

Neste último mes de celebración de Nadal ainda hai variedade de actividades para disfrutar todo xaneiro.  A data de máis ilusión para as familias é a noite do 5 ao 6 de xaneiro, noite de ilusión e ensono para pequenos e maiores. En Carral poderemos celebrar a Festa dos Reis Magos nol Pavillón O Espiño a partir das 6 da tarde con Obradoiros de Nadal e Inchables para os máis pequenos. E  como non, falar co noso rei preferido e mentras tanto, comer chocolate con Roscón de Reis grazas á  colaboración de varias panaderías de Carral que fan esto posible: Panadería Bonome, Panaderia Da Cunha, Panaderia Do Pinbcho, Panaderia Jaime Mata, Panaderia José Antonio, Panaderia Manuel Rodriguez, Panaderia Mercedes, Panaderia Moncho, Panaderia O forno de Elena e Panadería Pedro Fernández.

Esperámosvos no Pavillón o día  5 de xaneiro pola tarde para disfrutar a Festa dos Reis Magos !!!

Cartel Concerto Panxoliñas 2015.Tres corais da provincia participarán no Festival de Panxoliñas de Carral, que organiza a concellería de Cultura coa colaboración da Asociación Cultural Aires de Carral e da Deputación Provincial da Coruña. As corais polifónicas que participarán son Vía Sacra de Sobrado dos Monxes, San Valentín de Fene e Aires de Carral.

Este evento musical terá lugar no Local Xente Nova de Tabeaio, o domingo 20 de decembro, ás 19:00 h. A entrada será libre.

A coral polifónica San Valentín, dirixida por Miriam Fernández Marín, naceu no ano 1980 e desde entón ten viaxado por diversas cidades españolas e a meirande parte das vilas galegas participando en concertos, festivais e certames. Pola súa banda a agrupación Vía Sacra, creada en 2008, recibe o seu nome en honra ao paseo entre a Casa das Audiencias e o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Comeza con tan só 6 compoñentes, contando na actualidade con 28. Desde o seu comezo está dirixida por Malena Pazos Pintor.

A coral anfitriona, Aires de Carral conta cun longo historial de concertos por localidades galegas e española, acadando distincións en diversos certames. No ano 2013 gravou o seu último disco, Ecos de Carral, e desde 1982 dirixe a coral Juan José Gordillo.