Tag Archive for: Obras

O Vicente Otero estreará o luns novas portas con saída de emerxencia

Os escolares e o equipo docente do CPI Vicente Otero Valcárcel volverán ás aulas o vindeiro luns, día 5 de novembro, cunha gran novidade no centro educativo: cunha nova entrada composta por doce portas con apertura de saída de emerxencias.

Este cambio é froito dun acordo entre o Concello de Carral e a Consellería de Educación, que se comprometeu a substituír as portas convencionais por outras de emerxencias.

 

Coa premisa de non entorpecer a programación lectiva do centro, os traballos para instalar as portas realizaranse entre hoxe, venres 2 de novembro, e mañá, sábado 3 de novembro. Esta nova entrada ” mellorará considerablemente as condicións de seguridade deste centro”, sinalou a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte. O investimento total destinado a esta mellora ascende a preto de 8.000 euros.

 

O Vicente Otero estreará o luns novas portas con saída de emerxencia

Esta novidade é froito dun acordo entre o Concello e a Consellería de Educación, que se comprometeu a financiar esta mellora

PAVILLÓN VICENTE OTERO VALCÁRCEL

O pavillón do Vicente Otero Valcárcel acaba de recibir un bo lavado de fronte. Todo grazas ás actuacións que o Concello de Carral acometeu neste espazo deportivo, unha das áreas máis utilizadas polo alumnado do centro educativo.

PAVILLÓN VICENTE OTERO VALCÁRCEL 1

Entre as actuacións acometidas no pavillón, destacan o pintado de varias paredes e a substitución de uralitas

Estas intervencións, que arrincaron no mes de agosto, termináronse para o inicio do curso escolar. Dentro a lista de actuacións destacan os traballos de pintura que se realizaron nalgunhas paredes do pavillón. O goberno local executou tamén o arranxo das uralitas da cuberta e dos canlóns, a retirada da rede situada no teito e a reposición do equipamento nos vestiarios desta instalación deportiva.

Con todo, estas non serán as únicas tarefas que se efectuarán no edificio. O Concello proxecta, a curto prazo, outros traballos que inclúen, por exemplo, o repaso das liñas de xogo do firme da instalación deportiva.

Carral saca a licitación un plan de asfaltado en cinco parroquias e no núcleo urbano por importe de medio millón de euros

O Concello de Carral sacou a licitación actuacións de mellora en viarias das parroquias de Cañás, Tabeaio, San Vicente de Vigo, Beira, Santiago de Sumio e no núcleo urbano por un importe total de 448.224 euros.

Os viarios incluídos neste proxecto presentan unhas condicións deficientes para a circulación de vehículos e peóns. Os traballos de asfaltado levaranse a cabo nas estradas dos lugares de Sobrepiñeiro ( Tabeaio), Fornos (Beira), A Cabra (Santiago de Sumio), A Bailía ( Cañás), Tarroeira de Sumio (Santiago de Sumio), Lavandeira ( Cañás), As Táboas (San Vicente de Vigo), así como nas rúas do Pan e Alcalde Xavier Alvajar, e estarán financiados pola Deputación da Coruña.

Carral saca a licitación un plan de asfaltado en cinco parroquias e no núcleo urbano por importe de medio millón de euros

Este plan de asfaltado acometerase en cinco parroquias

En todos estes puntos das cinco parroquias, as actuacións basearanse, fundamentalmente, na pavimentación, perfilado de cunetas e o pintado da sinalización horizontal nos camiños para facelos así máis seguros para o tránsito de coches.

Melloras no centro do municipio

Na rúa do Pan, os traballos consistirán na humanización do espazo, dándolle unha maior preferencia ao peón e garantindo así mesmo, unhas mellores condicións de seguridade para os viandantes. Doutra banda, na rúa Alcalde Francisco Xavier Alvajar acondicionaranse as beirarrúas para facilitar o paso das persoas con mobilidade reducida.

Camiños de San Vicente e Tabeaio

Doutra banda, a través dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), melloraranse varios camiños das parroquias de Tabeaio e San Vicente. Así, en San Vicente proxéctase unha actuación sobre a estrada que conduce do lugar de Abrigosa ao lugar de Balbén, onde se estenderá unha capa de mestura bituminosa sobre o firme e limparanse as cunetas. Pola súa banda, en Tabeaio, os traballos consistirán na ampliación da anchura do viario e na formación de cunetas na estrada que une Esperón e Cambela. Tal e como indica o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, todas estas obras responden as peticións dos veciños, e servirán para “mellorar a seguridade viaria en varias parroquias do municipio”.

HERVES O CANEDO E PARTE DO NUCLEO URBANO DE CARRAL CONTAN XA CON NOVAS LUMINARIAS CON TECNOLOXIA LED

As obras para mellorar o sistema de iluminación exterior de Carral marchan a bo ritmo. De feito, os traballos de substitución de luminarias convencionais por outras de tipo LED arrincaron xa a semana pasada. A estas alturas, as parroquias de Herves e Ou Canedo, e boa parte do núcleo urbano de Carral (como a rúas Belvís de Paleo e Manuel Méndez Búa) contan xa cun sistema de iluminación completamente renovado. En concreto, cambiáronse unhas 350 luminarias dun total de 615.

HERVES O CANEDO E PARTE DO NUCLEO URBANO DE CARRAL CONTAN XA CON NOVAS LUMINARIAS CON TECNOLOXIA LED

Herves, O Canedo e o núcleo urbano teñen luminarias LED

 

A incorporación da tecnoloxía LED ao sistema de iluminación pública non só mellorará a luminosidade do municipio, senón que tamén proporcionará un maior aforro. O Concello investirá 253.000 euros en acometer estas actuacións.