O mércores 26 de xuño, volve a clásica, a clásica excursión que facemos todos os anos e que vos gusta tanto, a do Aquapark de Cerceda.
As/os participantes poderán ser rapazas e rapaces nados entre os anos 2007 e 2016. Sairemos ás 11:30 h do local Inrterxeracional, e voltaremos ó mesmo lugar sobre as 19:30 h.
Para anotarse tedes que enviarnos a autorización, que atoparedes aqui mesmo, por whatsapp ó 674.793.475, por correo electrónico a omix@carral.es ou presentandoa no Local Interxeracional (horario de 16:30 a 20:30). A inscrición estará aberta do luns 17, ás 16:30 h. ata o xoves 20 de xuño ás 13:30 h.
Recordade non facer o pago dos 8 € ata que vos avisemos. Non vos demoredes, xa que as prazas, para as que terán preferencia as/os empadroadas/os, son limitadas.
Recomendacións: Levar a comida, toalla, protección solar, gorra e sandalias.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2024-06-13 17:33:212024-06-17 08:49:10VOLVE A CLÁSICA…IMOS Ó AQUAPARK!
A exposición achega á cidadanía as políticas da Unión Europea para conseguir a neutralidade climática nas vindeiras décadas
A localidade acollerá tamén unha actuación de malabares, equilibrios e acrobacias na rúa o 20 de xuño ás 17.30 horas
A mostra Pacto Verde Europeo do centro EUROPE DIRECT A Coruña-Deputación da Coruña chega o venres 14 de xuño a Carral. Esta mostra sobre as políticas verdes da Comisión Europea poderá visitarse durante dúas semanas, ata o 28 de xuño, na praza Campo da Feira.
O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da UE para avanzar cara un sistema económico sostible, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. Como se explica de maneira accesible nos paneis, o obxectivo inicial é reducir as emisións nun 55% ata 2023 como primeiro paso para acadar a neutralidade climática no ano 2050.
A mostra está acompañada dunha actuación artística que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios. A cita é o xoves 20 de xuño ás 17.30 horas xunto á exposición.
Despois da parada en Carral, esta exposición itinerante visitará os concellos de Negreira, Rianxo e Lousame.
Experiencia interactiva
A mostra busca tamén a participación do público asistente a través de dúas experiencias interactivas ás que se pode acceder dende o teléfono móbil. A primeira delas é Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se aloxan vídeos realizados polo alumnado de centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro EUROPE DIRECT A Coruña, aos que se pode acceder escaneando códigos QR.
Tamén está dispoñible o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades. Pódese acceder ao mesmo a través da páxina web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/escaperoom/
EUROPE DIRECT A Coruña é un centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro, que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, así como proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE. Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.
Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.
Hai tamén máis información dispoñible na seguinte páxina web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/exposicion-itinerante-pacto-verde-europeo/
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2024-06-12 18:30:442024-06-12 18:32:31A mostra Pacto Verde Europeo de EUROPE DIRECT A Coruña chega o 14 de xuño a Carral
Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) queremos repetir a experiencia do ano pasado e por iso volve MOCI-CAMPA. Obradoiros, excursións, xogos, roteiros e moitas mais actividades ó aire libre pero tendo o Local Interxeracional coma punto de encontro, para pasar unhas mañas entretidas entre as 10:30 e as 13:30 h. (agás o día de excursión semanal que será de 9:30 a 14:30 h.)
MOCI-CAMPA, que é para rapaces e rapazas nados entre o ano 2008 e 2012, comezará o 1 de xullo e rematará o 26 do mesmo mes, e os/as interesados/as poden anotarse por semanas (1ª semana do día 1 ó 5 de xullo, 2ª do día 8 ó 12, 3ª do 15 ó 19, e a derradeira do 22 ó 26).
Podedes anotarvos entre o luns 10, a partir das 16:30 h., ata as 20:30 h. do martes 18 de xuño, As prazas son limitadas polo que terase en conta a orde de inscrición e tamen terán preferencia as/os empadroadas/os. O prezo será de 30 € por semana.
Como anotarvos? Tedes que enviarnos por correo electrónico (omix@carral.es) por whatsapp (674.793.475) ou de maneira presencial no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 20:30 h.) a folla de inscrición/autorización que atoparás aquí mesmo.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/06/Cartel.png20001414Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2024-06-06 17:21:462024-06-13 19:27:06VOLVE O MOCI-CAMPA da OMIX
Xogos, trucos, ilusión, humor e información europea se reúnen nesta actividade para todos os públicos.
A función, con entrada gratuíta, terá lugar no Edificio Social “Toñito Espiñeira” as 18:00 h.
A OMIX de Carral trae o espectáculo ‘A Maxia de Europa’ de EUROPE DIRECT A Coruña.
O Concello de Carral acolle o día 8 de maio o espectáculo ‘A Maxia de Europa’. Esta actividade de EUROPE DIRECT A Coruña mistura xogos, trucos, ilusións e humor para realizar unha viaxe máxica e dinámica para maiores e pequenos a través dos valores, símbolos, beneficios e algún dos programas da Unión Europea. A función, que ten entrada de balde, terá lugar no Edificio Social “Toñito Espiñeira” e comeza ás 18:00 horas, e para acudir deberas solicitar o teu convite no 674.793.475 (Whatsapp ou chamada) no correo electrónico omix@carral.es ou pasando polo Local Interxeracional.
O público asistente poderá seguir os trucos de maxia realizados coas bandeiras europea e dos estados membro ou a moeda común, entre outros elementos. O espectáculo estará guiado polo mago Pedro Bugarín, un ilusionista con máis de 15 anos de experiencia no seu eido e que tamén ten vivido múltiples experiencias de mobilidade en Europa.
Esta actividade lúdica e máxica está organizada por EUROPE DIRECT A Coruña dentro da iniciativa Europa no teu Concello, da que forma parte a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Carral. O espectáculo levará durante o mes de maio os valores, símbolos e oportunidades da Unión Europea a un total de seis concellos da provincia adheridos a esta rede. ‘A Maxia de Europa’ percorrerá Rianxo, Carral, Vedra, A Laracha, Pontedeume e Rois entre os días 7 e 15 de maio.
Este espectáculo itinerante forma parte da programación que Europa no teu Concello ofrece aos membros da rede. EUROPE DIRECT A Coruña puxo en marcha esta iniciativa, da que xa forman parte 46 concellos, para aproximar a información sobre a Unión Europea a toda a cidadanía da provincia, en especial, da mocidade. EUROPE DIRECT A Coruña é un centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro, que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, así como proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE. Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.
Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/04/Cartel_web_horizontal.png17693375Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2024-04-24 18:29:352024-04-24 18:35:37A OMIX de Carral trae o espectáculo ‘A Maxia de Europa’ de EUROPE DIRECT A Coruña.
A actividade, dispoñible para municipios membros da rede ‘Europa no teu Concello’, percorre quince concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil.
As funcións contan con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
Poderás solicitar o teu convite en omix@carral.es, no 674.793.475 (chamando ou por WhatsApp) ou no Local Interxeracional.
O Concello de Carral a través da OMIX (oficina municipal de informacion xuvenil) acolle o día 22 de marzo as 17:30 h. no Local Interxeracional, o contacontos Coñece Europa con Kalopsia, que percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.
Coñece Europa con Kalopsia é un obradoiro de contacontos para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, que explica dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen.
A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.
Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/03/Imaxe-web.jpg12411755Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2024-03-08 18:16:162024-03-08 18:16:17O contacontos ‘Kalopsia’ de EUROPE DIRECT A Coruña chega o día 22 de marzo a Carral.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/WhatsApp-Image-2022-12-20-at-21.59.15.jpeg20481536Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2023-11-29 16:03:422023-11-29 16:04:15CONCURSO “DECORACIÓN DE NADAL 2023”
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abriuse hoxe, mércores, ás 09:00 horas e estará activo ata o 20 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas da modalidade.
As prazas son limitadas e as solicitudes deberán presentarse preferiblemente a través do correo electrónico casadacultura@carral.es e tamén de forma presencial na Casa da Cultura de Carral.
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros ao mes.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, ioga, patinaxe, rítmica e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio. Por outra banda, deportes como equitación, baloncesto, pádel, tiro con arco e tiro olímpico serán as opcións para o público xeral.
Os adultos terán tamén á súa disposición clases de zoa e ioga. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Cultura O departamento de Cultura ofrecerá diversas actividades destacando unha formación en teares e tapices que se desenvolverá os xoves, de 17:00 a 20:00 horas, no centro de formación Antón Fraguas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:30 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
BOLETÍN DE INSCRICIÓN(non se aceptarán inscricións anteriores ás 9:00 do mércores 6 de setembro)
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2023-09-05 17:52:032023-09-06 16:36:49CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2023-2024
As vacacions de verán están chegando ó seu fin e desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha actividade para despedilas, o DÍA MULTIAVENTURA! O mércores 30 de agosto pasaremos unha xornada nos karts e nos kaiak.
A actividade está destinada a rapazas e rapaces de entre 12 e 17 anos, con preferencia para empadroadas/os, saindo do Local Interxeracional ás 9:00 h., e regresando o mesmo lugar sobre as 19:30 h. aproximadamente.
O prazo de inscrición será do 16 de agosto (a partir das 17:00 h.) ó 23 de agosto (ata as 20:00 h.) Para anotarte deberás pasarte pola OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo – luns a venres de 17:00 a 20:00 h.) e cubrir folla de inscrición/autorización pola tua nai/pai/titor-a
As prazas son limitadas!
O prezo da actividade é de 17 €. Pero non debes facer o pago ata que te avisemos de que tes praza.
RECOMENDACIONS: Levar traxe de baño, sandalias, toalla, protección solar, gorra, comida e bebida.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/08/DSC3542-scaled-e1617121203750.jpg10001001Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2023-08-11 13:57:582023-08-11 13:57:59DÍA MULTI-AVENTURA CON KARTS E KAIAKS!
Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos os días 9, 10 e 11 de agosto dous cursos de actividades marítimas.
Dentro do programa MAR-E ANDO, durante tres días poderedes aprender vela, paddel surf ou kayak. Esta actividade está programada para rapaces e rapazas a partir de 12 anos.
A saída a realizaremos desde o local Interxeracional, ás 8:45 h. e o regreso ó mesmo lugar ás 14:15 h.
O prezo son 50 euros polos tres dias, as prazas limitadas e o prazo para anotarse é do 1 ó 5 de agosto.
A autorización podes atopala, na web do concello (carral.es), no Facebook (omix carral) ou no noso Instagram (@omix_carral). E tes que enviala por whatsapp ó 674.793.475, por correo electrónico a omix@carral.es. ou entregala na OMIX (Local Interxeracional, rúa Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/08/Imaxe-Cartel.jpg457740Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2022-08-04 10:18:252022-08-04 10:18:25MAR-E ANDO, OS CURSOS DE ACTIVIDADES MARÍTIMAS DA OMIX.
Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral organizamos unha excursión ó Galipark para o mércores 20 de xullo.
Tiro con arco, tiralinas, rocódromo, piscina, deslizador acuático ou circuítos multiaventuras, durante todo a día.
Esta actividade para nenas e nenos a partir de 10 anos, ten un prezo de 17 euros, e a saída está programada para as 9:30 h. desde o Local Interxeracional e a chegaremos ás 19:30 h. ó mesmo lugar.
Tedes de prazo ata o 18 de xullo para anotarvos. Enviándonos a folla de autorización/inscrición, que tamén atoparedes no Facebook e no Instagram da OMIX de Carral, a omix@carral.es, por whatsapp ó 674.793.475 ou entregándoa na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/07/Imaxe-4-cartel-1.jpg300400Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2022-07-01 20:27:272022-07-01 20:35:26PREPARADA/O PARA IR Ó GALIPARK?