Tag Archive for: reis magos
Os Reis Magos de Oriente pasarán polos centros socioculturais de todas as parroquias de Carral. Os horarios das visitas dos Reis para o vindeiro domingo son:
– Monte Xalo: 15:00 h.
– Cabrois: 15:30 h.
– San Vicente: 15:45 h.
– A Cabra: 16:10 h.
– Cañás: 16:30 h.
– O Canedo: 16:35 h.
– As Travesas: 17:10 h.
– Sergude: 17:15 h.
– Beira: 17:35 h.
– Tabeaio: 17:45 h.
– Barcia: 18:10 h.
– Quembre: 18:40 h.
– Carral (O Espiño): 19:00 h.
No pavillón deportivo do Espiño terá lugar unha festa para recibir aos Reis Magos desde as 18:00 h, con ludoteca, hinchables e obradoiros.
Existen moitos nenos e nenas que non teñen agasallos este Nadal….
Dende Reis Magos de Verdad e coa colaboración do Concello de Carral queremos que cada neno ou nena e incluso os membros das súas familias teñan o seu regalo de Nadal. Pero non un agasallo calquera se non que, como pasa na maioría dos fogares, o agasallo que cada un pida na súa carta aos Reis Magos de Oriente.
Para cumplir estes sonos cada familia en situación desfavorecida escribe a súa carta na que piden os agasallos. Pero para que estes desexos se cumpran necesítanse tamén persoas regaladoras ás que lle vai chegar esa carta e poden comprar eses agasallos (non sobrepasarán os 25-35€). Animamos a que vos fagades regaladores. Para eso hai que apuntarse na seguinte páxina web:
https://www.reyesmagosdeverdad.org/