Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta do Sr. alcalde dos aspirantes con maior puntuación para cubrir o posto dun/a traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral cunha contratación laboral temporal a xornada completa na modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular do posto.
Outórgaselles a todos os interesados un prazo de dous días hábiles (14 e 15 de abril de 2020) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto noveno das bases que rexen esta contratación.
Tag Archive for: servizos sociais
O Concello de Carral organiza, en colaboración coa Federación de Alzhéimer Galicia (FAGAL), a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, un curso dirixido a coidadores e coidadoras de persoas con demencia.
Ao longo do programa formativo darase unha explicación introductoria sobre o Alzhéimer, abordaranse os síntomas da enfermidade (cognitivos e trastornos psicolóxicos, entre outros), as alternativas farmacolóxicas existentes e a comunicación coas persoas con demencia, entre outras temáticas. A encargada de impartir o curso será Nerea Rey, logopeda e responsable dun dos centros terapéuticos de AFACO.
O obxectivo desta formación é que os coidadores adquiran todas as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar e facilitar a atención que prestan ás persoas con demencia.
O curso levarase a cabo os días 26, 27 e 28 de novembro en horario de 17.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura de Carral. Esta acción formativa está a suscitar un gran interese entre os veciños e veciñas do municipio. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas en anotarse poden chamar ao Edificio Social Toñito Espiñeira no teléfono 981 61 35 20 ou a AFACO no teléfono 981 20 58 58 (extensión 3001).
O Concello de Carral e os de Abegondo e Bergondo ofrecen, conxuntamente, unha nova prestación de benestar social que está a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas: un servizo de atención temperá que xa está en marcha grazas a unha subvención obtida pola Xunta de Galicia.
Este novo servizo está dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 6 anos de idade, e con el, búscase atender posibles trastornos de desenvolvemento e detectar casos de pequenos e pequenas con risco de padecelos. Así, o obxectivo é traballar no desenvolvemento da autonomía personal e da inclusión social dos cativos e cativas.
Aspace é a entidade adxudicataria do servizo. Para levar a cabo o seu labor, contan cun psicólogo e psicopedagogo, cun mestre en educación especial e estimulador, e cun logopeda. A atención é rotatoria nos tres municipios.
O período que abarca a subvención, de 14.996,25 euros, comprende os meses de setembro e outubro, podendo os Concellos valorar a súa continuidade. Nestes dous meses, ao tratarse dunha unidade de nova creación, o servizo centrarase na valoración inicial dos usuarios.
Dende a Concellalía de Educación,Traballo e Benestar do Concello de Carral organizáronse co IES de Carral diversas actividades para traballar a concienciación sobre a eliminación da violencia de xénero. O día 25 de novembro, data elexida polas Nacións Unidas para conmemorar o Dia internacional da eliminación da violencia contra a muller, en Carral realizouse unha andaina dende o instituto ata o Concello con todo o alumnado e os seus respectivos titores e titoras, “votándose” á rúa como forma de concienciación. Unha vez alí a clase de 4º leeu o manifesto. A continuación leéronse os diferentes relatos que días antes elaboraron os alumnos e alumnas dol instituto sobre a concienciación para eliminiar a violencia de xénero, e presentáronse distintas pancartas con lemas elaborados por aulas.
Con estas actividades tanto dende o Concello como dende o instituto contribuiremos á construción dunha sociedade máis concienciada para que nun futuro non sexa necesario celebrar este día.
Pódese ver un álbum de fotos do día na páxina municipal de facebook Educación e benestar Carral:
Facebook Educación e Benestar Carral