O ciclo de Teatro de Outono que desenvolve o Concello de Carral chega á súa cuarta función coa presentación de OCCIDENTE por parte da compañía Espello Cóncavo.
OCCIDENTE é un espectáculo conformado por un conxunto de pezas breves da autoría do dramaturgo, actor e director, Lino Braxe. Nelas, o autor pretende afondar no coñecemento da sociedade que nos tocou vivir, procurando unha posta en escena sinxela, uns diálogos directos e un espazo sonoro singular. Trátase dunha comedia ácida, pois o humor permanece en todas as historias que o espectáculo ofrece.
A representación terá lugar no local Xente Nova de Tabeaio, este sábado 5 de decembro, ás 20:00 h. A entrada é libre ata completar o aforo.