O grupo de teatro amador Charamusca, formado por actores de Carral e dirixido por Xosé Leis, estrean a súa nova produción A Oportunidade. Será mañá, 29 de outubro, dentro do ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral.
Na obra interveñen Verónica Méndez, Antonio Rodríguez, Xavier Veiras, Carmen Barros, Rubén Cabanas e Lucía Ugarte.
Enid é unha nai que viu como a súa vida foise vindo abaixo. Só lle queda como oportunidade que o seu fillo sexa descuberto grazas ao talento que só lle coñecen na casa. A Oportunidade é unha “case comedia” onde todos os personaxes buscan un soño e non sempre o acadan. É un espectáculo realista onde a complexidade do personaxe principal obriga a dividilo en dúas actrices para que nos amosen as fendas e os soños dunha nai que sempre quere o mellor para o seu fillo.
A función terá lugar en Tabeaio, no local Xente Nova, ás 20:30 h. A entrada é de balde e o aforo limitado. Prégase puntualidade porque unha vez iniciada a obra non se permitirá o acceso á sala.