VOLVEN Á BIBLIOTECA AS SESIÓNS MENSUAIS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Cartel contacontos outubro 2019 Ler conta moito.Trinketrinke Teatro volve á Biblioteca municipal para que os ratos de Lonxedetodo conten as súaS aventuras ás nenas e nenos de 3 a 8 anos. Son as sesións de contacontos que prentenden fomentar a lectura entre os máis novos, que se levan a cabo o último xoves de mes ata maio do vindeiro ano.

A sesión do xoves 24 de outubro titúlase “O ratiño presumido” e comezará ás 18:00 h. O aforo é limitado, polo que é necesario retirar previamente os convites.