Dende hai un tempo a OMIX de Carral, está a traballar nun novo proxecto, concretamente sobre o voluntariado europeo. Este novo proxecto denominado “EVS Carral: Let´s experience volunteering!”, está aprobado pola Axencia Nacional Española do Programa ERASMUS+: Xuventude en Acción.
O servizo de Voluntariado Europeo ofrece a xente nova de entre 18 e 30 anos a posibilidade de realizar unha actividade de voluntariado entre 2 e 12 meses nun país distinto o seu país de residencia. O obxetivo de SVE é desarrollar a solidariedade e promover unha cidadanía activa e un entendemento mutuo entre a mocidade. O SVE ofrece ó voluntari@ unha experiencia de educación non formal e facilitalle o contacto con outras culturas e outros idiomas para que expirimenten novas ideas e proxectos nunha sociedade multicultural, mentras que contribuen o desenvolvemento de proxectos locais no ámbito do social, medioambiental ou cultural. O programa cubre a viaxe internacional, seguro, aloxamento, manutención, apoio, cartos de bolsillo(variable segundo país), transporte local e formación lingüstica.
“EVS Carral: Let´s experience volunteering!” é un proxecto entre tres socios, o concello de Carral, o concello de Prato (Italia), e o de Slupsk (Polonia), e no que tres moz@s de Carral, de entre 18 e 30 anos, poderán realizar un servizo de voluntariado en calquera de estes dous paises socios, durante os 6 meses que dura o proxecto, concretamente entre setembro de 2015 e marzo de 2016.
En vindeiras datas, anunciarase a realización dunha sesion informativa, na que se dará mais información e se explicará mais ampliamente o proxecto para animar así a que os mozos e mozas de Carral, poidan vivir esta experiencia.