El 20 de mayo el Ayuntamiento de Carral – Policía Local organiza en el Edificio Social Toñito Espiñeira un taller sobre adicciones y drogodependencias impartido por miembros de ACLAD, coordinadora de prevención y ponente ex toxicómano rehabilitado, el responsable de la Unidad Adscrita CNP de la Policía Autonómica, con la presencia de profesorado del CPI Vicente Otero Valcarcel, Guarda Civil y la propia Policía Local de Carral. Más de 100 niños de Educación Primaria y Secundaria pudieron formular sus dudas sobre el tema y escuchar de primera mano formas de prevención y orientación ante las drogas.
A OMIX (oficina municipal de información xuvenil), organiza para o/as mozos/as, desempregados/as, e para todas aquelas personas que esten interesadas, e co único requisito de ter cumpridos 18 anos, un curso de 20 horas, homologado, de carretilleiro/a, para os días 12 de xuño, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e 19 e 20 de xuño, cun horario para estes dias de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
Este curso consta de 5 horas teóricas e 15 horas prácticas. O prazo de inscrición remata o 8 de xuño e as prazas son limitadas.
O prezo do curso é de 70 euros, e para inscribirse ou ter mais información podes pasarte pola OMIX, na Casa da Cultura, chamar ó 981.67.25.80, ou a través de correo electrónico a omix@concellocarral.com.
O 20 de maio o Concello de Carral – Policía Local organiza no Edificio Social Toñito Espiñeira un taller sobre adiccións e drogodependencias impartido por membros de ACLAD, coordinadora de prevención e relator ex toxicómano rehabilitado, o responsable da Unidade Adscrita CNP da Policía Autonómica, coa presenza de profesorado do CPI Vicente Otero Valcarcel, Garda Civil e a propia Policía Local de Carral. Máis de 100 nenos de Educación Primaria e Secundaria poderon formular as súas dúbidas sobre o tema e escoitar de primeira man formas de prevención e orientación ante as drogas.
O vindeiro xoves 21 de maio, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía Elefante Elegante presentará “Lobo Bobo”, un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos, para escoitar as súas historias.
Destinado ó público infantil a partir de 3 anos.
Será o xoves 21 de maio, ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).
Eva Veiga, coa súa obra Soño e vértice resultou gañadora do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.
O xurado escolleu esta obra pola intensidade simbólica da súa proposta poética, unida ao cultivo extremo dunha lírica que mantén en todo momento unha tensión entre o real e o onírico.
Eva Veiga (1961. Ombre-Pontedeume) é xornalista e poeta. En 1985 comeza a traballar na TVG onde desenvolverá unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo, na dirección e presentación de programas culturais. Un labor que lle valería algúns recoñecementos como o Premio Galicia de Comunicación. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, forma parte do grupo poético-musical Ouriol.
Ten publicado relatos en revistas, xornais e obras colectivas, así como a guía sobre Compostela, Santiago. Cidade de peregrinación (2002). Xunto a Ánxeles Penas, escribe o libro Alfonso Costa, un exhaustivo estudio da vida e obra deste artista. Ten publicados os libros de poesía: Fuxidios (1992), Paisaxes do baleiro (1999), A pedra insomne (2002), A luz e as súas cicatrices (2006), Desconcerto (2006), Poemas do Eume (2009), A frecha azul do teixo (2010), Nesta hora imposible (2012) e A distancia do tambor (2014 – Premio Fiz Vergara Vilariño), publicación que acaba de recibir o premio da Asociación de escritores en lingua galega como mellor libro na modalidade de poesía.
O xurado do concurso estivo formado por Oriana Méndez, Miguel Anxo Fernán Vello e Nacho Alonso, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Isabel López Pérez, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez.
O premio de Carral está dotado con 2000 euros e a publicación da obra.
O acto de entrega do premio terá lugar o 29 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2015. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, O que precede a caída é branco de Oriana Méndez. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Formación dirixida a persoas que queiran coñecer outro xeito de acceder ao emprego: coñecer o modelo cooperativo as persoas emprendedoras, ver os pasos necesarios para crear unha empresa cooperativa e coñecer unha experiencia cooperativa en funcionamento.
DÍAS: 26,27,28,29 DE MAIO
LUGAR: CENTRO DE FORMACION ANTON FRAGUAS DE CARRAL
APUNTATE NO 981575578 OU NO 981613520.
Organiza UGACOTA coa colaboración Consorcio As Mariñas e Concello de Carral.
Formación dirigida a personas que quieran conecer otra forma de acceder al empleo: conocer el modelo cooperativo las persoas emprendedoras, ver los pasos necesarios para crear una empresa cooperativa y conocer una experiencia cooperativa en funcionamento.
DÍAS: 26,27,28,29 DE MAYO
LUGAR: CENTRO DE FORMACION ANTON FRAGUAS DE CARRAL
APUNTATE en 981575578 o en 981613520.
Organiza UGACOTA con colaboración Consorcio As Mariñas y Ayuntamiento de Carral.
ULTIMOS DIAS para participar no PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2015. Remata o prazo o dia 15 de maio. Solicitudes e información sen Servizos Sociais 981613520
ULTIMOS DIAS para participar en el PROGRAMA BIENESTAR EN BALNEARIOS 2015. Acaba el plazo el dia 15 de mayo. Solicitudes e información en Servicios Sociales 981613520
Curso de manipulador de alimentos no Concello de Carral en colaboración co Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, subvencionado por Deputación da Coruña.
DÍA: 11 DE XUÑO
HORA: 10.00-13.00
LUGAR: Edificio Social Toñito Espiñeira
REQUISITOS: Desempregado
Máis información e apuntarse no Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520
Teléfonos de interese
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186
Outras formas de contacto: