A Consellería de Economía e Industria, publica:

DOG nº50 do venres 13 xaneiro de 2015.

Axudas para renovación de cubertas con tella cerámica.

Axudas para renovación de cubertas con lousa.

Axudas para a rehabilitación con granito das fachadas das edificacións.

Prazo: ata o 13/06/2015 ou ata remate de fondos.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

Teño o pracer de convidar a toda persoa interesada á presentación da implantación da Aplicación móbil do Concello de Carral e unha nova web municipal que terá lugar:

DÍA: Luns 30 de marzo de 2015

LUGAR: Casa da Cultura r/Belvís s/n Carral

HORA: 11.00 horas

imagen2667A compañía carralesa de teatro afeccionado Charamusca, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral, vai representar a obra “Máis amantes” no local Xente Nova de Tabeaio, o domingo 12 de abril, ás 19:30 h.

A obra divídese en tres sketches cun nexo común e con moito humor.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.

O Concello de Carral súmase ao luto durante tres días polo accidente aéreo acontecido o 24 de marzo de 2015 en Germanwings. Amosamos o noso pésame polas vítimas de accidente, a todas esas familias afectadas e en especial á familia de Carral tamén afectada por tan desgraciado acontecemento.

O pavillón de “O Espiño” acollerá o domingo 12 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe “Alquimia”, dará comezo ás 17.00 h e rematará arredor das 19.30 h.

Nesta xa clásica cita deportiva, está prevista a presenza de 8 clubs, colexios e escolas deportivas municipais (Club Anca (Lugo), Club Conxuro (Laracha), o Club Raiola (Ferrol), Brexo Lema (Cambre), Club Alquimia de Cambre, a Escola Lubiáns (Carballo), Club Alquimia de Carral e a Escola Deportiva Municipal de Carral), que reunirán uns 220 patinadores de todas as idades.

Por outro lado, a concellaría está a ultimar os preparativos para a realización dos próximos eventos deportivos; o I Torneo de Ximnasia Rítmica de Carral e o Certame anual de Ximnasia Rítmica, que terán lugar o próximo 2 de maio durante todo o día tamén na mesma instalación e na que se espera contar coa presenza de ao redor de 200 nenas; e o acto de Clausura do curso 2014/2015 das Escolas Deportivas, Culturais e Educativas Municipais que terá lugar o próximo 30 de maio.

Todas estas actividades continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral, mediante o seu departamento de deportes, está a desenvolver durante este ano 2015. Con este programa deportivo, a autoridade municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo municipal e en especial entre un sector da poboación tan sensible como é o infantil.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral ou no teléfono 981 672580.