Co obxecto de que as persoas e grupos que desexen participar na festa do Entroido de Carral saiban como proceder, a Concellería de Cultura publica as bases que poden descargar a continuación:
Bases concursos Entroido Carral 2020
Co obxecto de que as persoas e grupos que desexen participar na festa do Entroido de Carral saiban como proceder, a Concellería de Cultura publica as bases que poden descargar a continuación:
Bases concursos Entroido Carral 2020
BOP 29 XANEIRO 2020 BOP NUM 19
CONCELLO DE CARRAL EDUCACIÓN
Aprobáronse as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para o estudo aos /ás estudantes matriculados durante o cruso académico 2019/2020 empadroados no municipio de Carral.
Requisitos:
1.–Estando empadroados/as no concello de Carral, as persoas que se atopen nalgunha/s das circunstancias seguintes:
2.–Estudantes de 2.º ciclo de educación infantil que cursen os seus estudos durante o curso 2019/2020 en centros
de carácter oficial, públicos ou concertados.
3.–Estudantes que se atopen nalgunha/s das seguintes circunstancias:
3.a).–Estaren matriculados/as en calquera curso dos estudos de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelatoou similares) durante o curso 2019/2020 nun centro de carácter oficial, público ou concertado.
3.b).–Estaren matriculados/as na formación profesional básica durante o curso 2019/2020 nun centro de carácter
oficial, público ou concertado.
4.–Estaren matriculados/as durante o curso 2019/2020 en calquera curso das seguintes ensinanzas universitarias
do sistema universitario español realizados en centros españois, públicos ou privados, con validez no territorio nacional:
ensinanzas conducentes a títulos oficiais de Grao ou Mestrado/Máster (non Doutoramento); ensinanzas universitarias conducentes
aos títulos oficiais de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Diplomado/a, Mestre/a, Enxeñeiro/a Técnico/a
e Arquitecto/a Técnico/a.
III.2.–Non poderá ser beneficiario das axudas ás que se refire esta convocatoria o persoal das Administracións Públicas beneficiario doutra axuda de calquera Administración Pública para o mesmo concepto ou os estudantes que perciban calquera outra axuda de calquera Administración Pública para o mesmo concepto por seren o/s seu/s pai, nai ou titor/a persoal das Administracións Públicas.
O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES NO REXISTRO DO CONCELLO DE CARRAL AÍNDA NON ESTÁ ABERTO. EN CANTO ESTEA, SERÁ PUBLICADO MEDIANTE REDES SOCIAIS E WEB
Para máis información no departamento de Educación na 2ª planta Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520-678338872
A Consellería de Medio Rural, publica:
Axudas para investimentos nas explotacións agrícolas, a creación de empresas por agricultoras mozas e a creación de empresas para o desenvolvemento de explotacións.
Prazo: hasta o 28 de febreiro
Máis información no Servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002
A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.
O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.
As prazas son limitadas.
A segunda sesión do ciclo de películas documentais galegas que acolle a Casa da Cultura, será presentada polos directores do documental Estruturas. Pel contra pel, Xosé Bocixa e Paco Gallego. A proxección comezará ás 20:30 h. O aforo é limitado.
Este documental analiza como ten sido a intervención do ser humano coas súas construcións na paisaxe galega e cal é o resultado que actualmente vivimos.
Unha vez finalizada a proxección do documental, os autores do filme manterán un coloquio cos espectadores.
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), publica:
– DOG 15 do xoves 23 de xaneiro de 2020
Axudas a particulares para o uso de enerxías renovables mediante instalacións de biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica
Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002
AnuncioG0474-181219-0001_gl AnuncioG0474-181219-0002_gl AnuncioG0474-181219-0003_gl AnuncioG0474-181219-0004_gl AnuncioG0474-181219-0005_gl AnuncioG0474-181219-0006_gl AnuncioG0474-181219-0007_gl
O programa Educando en Valores leva 7 anos levándose a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no IES de Carral. Trátase dunha iniciativa na que se traballan as competencias necesarias para desenvolver a intelixencia emocional das nenas e nenos, non só para poder obter un mellor rendemento académico, senón tamén para favorecer que o clima de convivencia nos centros educativos sexa respectuoso, afectivo e humano.
O curso pasado o programa tamén se estendeu ás familias con moito éxito, e este ano vaise repetir a experiencia a través da organización de obradoiros.
Como parte do programa, levarase a cabo un obradoiro sobre Intelixencia Emocional para familias con rapaces e rapazas do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral. O taller terá lugar o vindeiro luns, 3 de febreiro, entre as 16.30 e as 19.30 horas. Este obradoiro ten aforo limitado.
O contido desta actividade será o seguinte:
As persoas interesadas en recibir más información poden contactar co departamento de Orientación do CEIP Vicente Otero Valcárcel ou cos Servizos Sociais do Concello de Carral no enderezo serviciossociales@carral.es.
A fibra óptica aterrará en Carral a través do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración da Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado. Esta novidade reportará importantes beneficios en materia de telecomunicacións, na medida en que supoñerá a chegada da internet de alta velocidade a núcleos e lugares de todas as parroquias do municipio: Cañás, Paleo, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio, Beira e San Vicente de Vigo.
A través desta axuda, a conexión a Internet de alta velocidade aterrará nun total de 66 lugares e núcleos do termo municipal. En concreto, os puntos que beneficiarán desta mellora son os seguintes: Atalaia, Bacelo, Bailía, Barbeito, Cañás, Casanova, A Ribeira de Cañás, Soavila, Vistarreal de Cañás, Mato Grande, Lavandeira, Ameixeiras, Ans de Tellado, Cabrois, Casal, Fócanos, Outra Aldea, Reboredo, Xalo, Camiño do Casal, O Castelo, O Pedreiro, O Quenllo, Tarroeira de Paleo, Cabancas, Cimadevila, Esperante, Horta do Conde, Montecelo, Paradela, Paiolante, Ponte Lago, A Ribeira de Quembre, Salgueiros, Cepedo, Calle, Monte de Sergude, San Xulián, A Cañota, Campo da Aldea, Celas, Xocín, Xontes, Vilasuso, Azoreira, Belvís de Tabeaio, Brexa, Cambela, Corposanto, A Igrexa de Tabeaio, Lameira, Lodeiro, Pedrido, Piñeiro, Vilamouro, Aspra, Salgueiras, Sobrepiñeiro, Vistarreal de Tabeaio, Argonte, Herves, Teixoeiras, As Travesas, A Calle, Balbén e Río Brexo. A previsión é despregar a fibra óptica nestes puntos antes de finais do ano 2021.
Tal e como explican desde o goberno local, esta medida “sumará un novo servizo para os carraleses e carralesas, e suporá a dotación da internet de alta velocidade ás zonas máis rurais que actualmente carecen del”.
Aos efectos do establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciónes Públicas [na súa parte subsistente trala declaración coma contrario á orde constitucional de competencias efectuada pola Sentenza do Tribunal Constitucional Pleno do 18 de maio de 2018] , sométese a consulta pública o texto da proposta de modificación da ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS, para que (segundo o establecido no artigo 82.2 da devandita Lei 39/2015) no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES dende a publicación deste anuncio, efectuada o 23 de xaneiro de 2020, no portal web do Concello de Carral, os suxeitos e as organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma se poidan pronunciar sobre:
a).- Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. (A adecuación da taxa á existencia actual dunhas pistas de pádel municipais cubertas )
b).-A necesidade e oportunidade da súa aprobación. (Acreditada no expediente).
c).-Os obxectivos da norma. (A axeitada regulación da taxa polo uso da devandita instalación municipal)
d).- As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Asemade, dáse audiencia á cidadanía afectada e recábanse cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.
Os devanditos pronunciamentos ou achegas poderán facerse chegar ao Concello de Carral por escrito presentado na sede electrónica do Concello ( https://sede.carral.es ) ou na oficina da Casa do Concello que presta asistencia para a presentación electrónica de documentos.
Carral, 23 de xaneiro de 2020
O ALCALDE
Francisco Javier Gestal Pose
O expediente pódese consultar na seguinte ligazón:
A empresa UFD Grupo Naturgy comunicou a este concello que:
– En cumprimento da Ley 12/2012 procederá á xestión de biomasa nunha franxa de 5 m. das líneas de distribución de enerxía eléctrica
No taboleiro de edictos de este concello están publicados os planos das líneas para que os propietarios dos terreos, se están interesados, podan executalas previamente.
Máis información no Servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186