A sala de audiovisuais da Casa da Cultura acollerá mañá a proxección do documental Arte+Muller+Galicia destinada a alumnado de 3º da ESO do instituto de Carral.

O filme, dirixido pola experta en arte Rosario Sarmiento, expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte en Galicia.

O alumnado terá ocasión, despois da proxección, de manter un coloquio coa directora.

Con esta actividade, o departamento de Cultura pretende reforzar o coñecemento e difusión das nosas artes plásticas, á vez que quere poñer en valor o importante papel que na creación artística teñen as mulleres, que se teñen que enfrontar a maiores dificultades que os homes para desenvolver unha carreira profesional no mundo das artes.

Cartel Charla Seguridade Viaria

Este domingo 24 de novembro, a partir das 11.30 h, a Policía Local de Carral impartirá unha charla enmarcada dentro da campaña autonómica de seguridade viaria de Peóns de mans da Dirección Xeral de Tráfico.

Nesta charlas trasladaranse normas e consellos que contribuían a mellora da seguridade dos peóns do municipios carralés.

Ao rematar esta charla repartiranse chalecos de alta visibilidade entre os asistentes ata esgotar existencias.

 

Para máis información pódese chamar á Policía Local de Carral (981.67.00.02) ou ao departamento de Educación (981.61.35.20).

 

O Concello de Carral, AFACO, a Federación de Alzhéimer de Galicia e a Consellería de Política Social organizan os días 26,27 e 28 de novembro un curso formativo dirixido a coidadores e coidadoras de persoas cunha demencia.
Estas sesións levarán a cabo de 17 a 20 horas na Casa da Cultura de Carral e os interesados ou interesadas en anotarse deben chamar AFACO no teléfono 981205858 ext. 3001.

AFACO

O Concello de Carral, dentro das actividades programadas para este mes de novembro pola área de Servizos Sociais, celebrará mañá o seu Magosto a partir das 14 horas no Campo da Feira.
O menú estará composto por polbo, carne ao caldeiro, prostre e café e, durante a tarde, serviranse castañas asadas. A recanteira do programa Luar da TVG, Ruth Cundíns, amenizará a tarde aos asistentes coa súa música.
Ademais, este domingo celebrarase outra sesión máis dos obradoiros de baile que levan a cabo de 17:30 a 20:30 todos os domingos no edificio Toñito Espiñeira. Neste caso correrá a cargo do dúo Karma.

CartelNovembroServSociais

Programación de actividades para o 25 de novembro de 2019
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO :
 
“CARRAL CONTRA A VIOLENCIA ENTRE HOMES E MULLERES”
 
📣 23 de novembro(sábado) saíndo ás 10.30 de A Fábrica de Oleiros.VII Andaina contra a violencia de xénero organizado polo Consorcio As Mariñas
 
📣25 novembro ás 12.00 “Concentración e lectura do manifesto contra a violencia de xénero ” diante do Concello de Carral . Invitando á participación a tod@s @s veciñ@s sensibles con este problema.
 
📣25 novembro ás 16.00 no Edificio Social Toñito Espiñeira. Proxeción das curtametraxes realizadas polo alumnado. Se fará a entrega do premio á curta gañadora do certame de cortos. Organizado polo Ies de Carral “Acurta a violencia de xénero” e coa aportación de premios por parte do Concello de Carral.
📣25 novembro ás 20.00 Sala Multiusos do Edificio Toñito Espiñeira “Proxección da curtametraxe gañadora para as familias e público en xeral”
#nonaviolencia #25novembro

O goberno local de Carral lanza o primeiro concurso de tapas ‘Carral, con moito gusto’ co obxectivo de darlle un impulso á actividade hostaleira e turística do pobo e dinamizar a vida social.
Tras finalizar o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros participen nesta iniciativa, anotáronse un total de 8 hostaleiros: O Piolindo, A Rotonda, Bodega O Alpendre, A Taberna Siglo XXI, O Lareiras, O Caravel, Pizzería Centro, (Tabeaio) e Bocagrande (Tabeaio).
O concurso de tapas levarase a cabo do 5 ao 8 de decembro, aproveitando o ponte da constitución e os prezos dos petiscos serán de 1 euro cada un. Ademais, haberá premios para a xente que participe.
Desde o goberno local móstranse “moi satisfeitos coa acollida do concurso e esperan que sexa todo un éxito”.

Este sábado, 16 de novembro, a partir das 18:50 horas, emitirase o programa da TVG ‘ Anacos de Vida’ centrado en Carral, na súa historia, a súa tradición e as súas xentes.
En ‘ Anacos de Vida’ percorren Galicia buscando as pequenas e grandes historias que hai detrás das mellores fotos antigas. En cada capítulo interactúan os maiores, que saben as historias que alberga cada imaxe, cos máis novos do municipio, que buscan este tipo de historias.
Este sábado ‘Anacos de Vida’ visitará Carral para descubrir por que o pan de Carral é único no mundo, á vez que coñecerán as fermosas historias de vida que hai ao redor dos panadeiros.
Ademais, participarán nunha homenaxe aos Mártires de Carral acompañando a Anxo Gómez e aos seus alumnos e alumnas nos preparativos desta festa. Ao longo do programa os máis pequenos tamén levarán a cabo unha investigación para descubrir a historia que se esconde detrás dunha foto misteriosa.

 

 

O Concello de Carral executou a obra de “Cubrición de pistas de pádel” (Subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader- 5.845,16 €-, co cofinanciamento do FEADER (UNIÓN EUROPEA)- 19.483,88 €- e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación -649,46 € (axuda global de 25.978,50 € sobre o orzamento total de 51.956,99 €, IVE incluido)) ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020, convocatoria 2018-2019, submedida 19.2).

A obra consistiu na cubrición das pistas de pádel situadas no complexo deportivo do Concello de Carral para posibilitar a súa utilización en condicións climatolóxicas adversas (de chuvia ou sol intenso).

De acordo co establecido no artigo 19.1.j).par 2º da resolucióndo 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural  do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), faise constar expresamente que a obra contou co FINANCIAMENTO DA UNIÓN EUROPEA  segundo o antes indicado.

O pasado luns, 4 de novembro, dentro das actividades do programa TEI (Titoría Entre Iguais) tivo lugar o acto de nomeamento e entrega de diplomas acreditativos aos alumnos de 3º da ESO , que participan voluntariamente como titores de alumnos de 1º da ESO.
O acto , ademais do Equipo Directivo, profesorado e alumnado (de 1º e 3º) do Instituto, tamén asistiu a Concelleira de Educación do Concello de Carral, Mª Mercedes Caridad López, quen amablemente participou no evento facendo entrega de devanditos diplomas. Posteriormente procedeuse á presentación das parrellas de titores aos seus respectivos titorizados.
O programa TEI , titoria entre iguais é un programa para previr o acoso escolar de tal maneira que o alumnado que comeza no Instituto estea apoiado por alumnado maior en todo o que é a vida escolar diaria.

CURSO PARA APRENDER A BUSCAR EMPREGO
LUGAR: CENTRO FORMACIÓN ANTON FRAGUAS
DATAS: DO 25 DE NOVEMBRO AO 2O DE DECEMBRO
GRATUITO

DESTINATARIOS: PERSOAS DE 16 A 29 ANOS INSCRITAS NO PROGRAMA DE GARANTIA XUVENIL E DESEMPREGADAS
Formación troncal do plan integral de cualificación e emprego Camara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

Contacto para inscricións Cámara de Comercio 9-14h no 981216072-981918135

Máis información no Edif Social Toñito Espiñeira (Formación e Emprego) 981613520