A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica no DOG do 24 de xaneiro de 2018 axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas do Camiño de Santiago.

Prazo: ata o 31 de outubro ou ata o remate de fondos.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

resolución axudas vivendas camiño santiago

cartel entroido2018

Venres 16 de febreiro de 2018, das 17:00 ás 21:00 horas, e sábado 17 de febreiro de 2018, das 10:00 ás 14:00 horas.

Inscrición ata o 15 de febreiro

Información e inscricións:
Departamento de Medio Ambiente (981670002)
maria.couto@carral.es

A Concellería de Deportes de Carral organizou a 17ª edición da viaxe á pista de xeo da Coruña.  Read more

Mozos e mozas de Carral poderán acudir á estación invernal de Manzaneda para aprender a esquiar. Read more

Este sábado entregaranse os trofeos da edición 2017 e inaugurarase a décimo quinta edición. Read more

Mozos/ as da localidade  carralesa participan neste xa clásica viaxe deportiva.  Read more

Rematado o prazo de compras nos comercios participantes na Campaña de Comercio, procederase a realizar o sorteo dos premios. O sorteo é público e a partir dese día se chamarán as persoas gañadoras e se repartirá copia da acta nos comercios participantes.

Lugar: Edificio Social Toñito Espiñeira

Día : Venres 12 de xaneiro

Hora:11.00 h

PREMIOS

1 CARRETILLO DE FARIÑA DE 1000€

1 PENEIRA DE 500€

12 TACOS DE LEVADURA

 

Sorte a Todas as persoas que compraron en Carral!!!

 

Acto presentación Premio Poesía Carral - 2018 -07-wO alcalde de Carral presentou esta mañá as bases da vixésima primeira edición do premio poético “Concello de Carral”.

José Luis Fernández Mouriño, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou na Casa da Cultura unha nova edición do certame poético, que continúa co obxectivo de contribuír ao descubrimento e consolidación dos autores en lingua galega.

Na súa intervención o alcalde destacou o prestixio que vai gañando este certame e o recoñecemento que ten no ámbito literario e cultural galego. A finais do pasado ano, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural escolleu este premio como un dos mellores proxectos exemplo de boas prácticas de xestión cultural. Fernández Mouriño lembrou tamén como se celebraron os 20 anos do premio, coa realización dun documental presente en internet, unha exposición que repasaba os autores, autoras e libros premiados nestas dúas décadas, así como as actividades iniciadas nos centros educativos de Carral relacionadas coa poesía.

O alcalde salientou a colaboración que ofrece a Consellería de Cultura e Educación, a través das súas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, que serve para que a Editorial Espiral Maior publique na súa colección de poesía o libro Das árbores tropicais e do amor de Xosé Luís Mosquera Camba que obtivo o premio na pasada edición. O libro presentarase no acto de entrega do premio deste ano, previsto para o 25 de maio.

Ademais do premio e da publicación do libro, o Concello de Carral segue coas actividades escolares relacionadas coa poesía, consistentes en obradoiros de escrita poética e en concursos de poemas.

Pola súa banda Valentín García incidiu que o apoio que a Xunta de Galicia lle dá a este premio resulta xa inexcusable, dado o valor que xa ten dentro do ámbito da cultura en Galicia e pola defensa que supón para a lingua e a creación literaria. Salientou a importante nómina de autores e autoras premiadas que xa están na primeira liña da literatura galega. Para algúns deles foi o trampolín na súa carreira literaria e para outros supuxo un mérito máis co que consolidar a súa traxectoria.

Esta nova edición do certame contempla un prazo para presentar exemplares aberto ata o 7 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 25 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación do libro gañador da vixésima edición do concurso, titulado Das árbores tropicais e do amor de Xosé Luís Mosquera Camba

Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580 ou a través da web carral.es.

Bases XXI Concurso de Poesía Concello de Carral

Xa estamos cerquiña da data tan desexadas das familias o Día de Reis 👑👑👑. O Concello de Carral ten a comitiva real preparada para partir polas parroquias dende pola mañan ata a tarde chegar ao Pavillón o Espiño.
Pola mañan Irán por Quembre, Barcia, Herves, O Canedo, Cabra, As Travesas, Veira.
Pola tarde por Cabrois, Tabeaio, Sergude, San Vicente e Cañas.
Se escoitades as sirenas saíde que están cerca.
E os que queirades esperar en Carral a partir das seis da tarde haberá inchables e talleres de nadal👲🎄🎁 no Pavillón O Espiño.
A hora prevista de chegada dos Reis a Carral é as sete da tarde onde atenderán a tódolos pequenos e daranlles caramelos e regaliños. Haberá roscón e chocolate para todos!! Animádevos a vir coa ilusión de sempre!!! #díadereis #reismagos #regalos

Queremos agradecer a colaboración desinteresada dos panadeiros que colaboran donando o Roscón de Reis 🍩🎄👲👲👑👑🎁para a Festa de Reis do día 5 de xaneiro no Concello de Carral:
PANADERIA BARCIA
PANADERIA BONOME
PANADERIA CAÑAS
PANADERIA DA CUNHA
PANADERIA DO PINCHO
PANADERIA JAIME MATA
PANADERIA JOSE ANTONIO
PANADERIA MANUEL RODRIGUEZ
PANADERIA MERCEDES
PANADERIA O FORNO DE ELENA
PANADERIA PEDRO FERNÁNDEZ

MOITAS GRACIAS!!!