A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza unha excursión a Asturias o 17, 18 e 19 de maio. Durante estes tres días os/as participantes poderán realizar diferentes actividades, coma descenso en canoa, espeleoloxía ou multiaventura (tirolina, pontes colgantes, rappel…), así coma visitar o museo xurásico de Asturias.
A actividade está diseñada para rapaces e rapazas a partir de 12 anos e o prezo e de 170 € por participante (en dous pagos), e no que se inclúe o transporte, a manutención, o aloxamento, as actividades que se realicen, e os/as monitores/as.
O prazo de inscrición remata o 22 de marzo e as prazas son limitadas.
Podes pedir máis información ou anotarte na Casa da Cultura.
MARTES 27 DE FEBREIRO AS 19:00 H
CASA DE CULTURA
Para participar no deseño do futuro sostible do teu concello
Máis información no servizo de medio ambiente do concello 981670002
Cartel_taller_Carral_27feb
Nair Arias Fernández, alumna do Grao de Historia do Arte da USC que realiza prácticas no Concello de Carral, ofrecerá unha charla sobre a historia do monumento dedicado aos Mártires de Carral. Fará un repaso polos feitos acontecidos no alzamento de 1846 e polo proceso que existiu para a construción do monumento.
A charla terá lugar na Casa da Cultura, o mércores 28 de febreiro, ás 20:00 h. A entrada é libre.
Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración subscrito entre a Universidade de Santiago e o Concello de Carral para que alumnos dos graos e postgraos de Historia e Historia da Arte realicen as súas prácticas xunto a persoal municipal.
O día 6 de febreiro de 2018 publicouse no DOG número 26 a Resolución do 25 de Xaneiro, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas CELGA.
Máis información no SNL do Concello ou no 981670002
El Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica:
DOG nº15 del lunes 22 de enero de 2018
Ayudas a personas inquilinas afectadas por ejecuciones hipotecarias de las viviendas arrendadas
Plazo: abierto todo el año
Más información en el servicio de Medio Ambiente del Concello o en el teléfono 981670002.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica:
DOG nº15 do luns 22 de xaneiro de 2018
Axudas ás persoas inquilinas afectadas por execucións hipotecarias das vivendas arrendadas
Prazo: aberto todo o ano
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
O Instituto Enerxético de Galicia, publica:
DOG nº21 do martes 30 de xaneiro de 2018
Axudas a particulares e empresas para o aforro e eficiencia enerxética:
Instalación de placas solares, caldeiras, bombas de calor
Realización de auditorías e proxectos de xestión ,etc.
Prazo: un mes
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
XORNADA SOBRE CONDUCIÓN EN SITUACIÓNS DE CLIMATOLOXÍA ADVERSA
21 DE FEBREIRO
ÁS 20.00 HORAS
NO EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA
DEPARTAMENTO DE POLICIA LOCAL 981670002
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica no DOG do 24 de xaneiro de 2018 axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas do Camiño de Santiago.
Prazo: ata o 31 de outubro ou ata o remate de fondos.
Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.
Teléfonos de interese
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186
Outras formas de contacto: