LISTAS DE ADMITIDOS/RESERVAS NO ENGLISH SPORT CAMP E NOS CAMPAMENTOS DE DEPORTE E NATUREZA
- CONDICIÓNS XERAIS
- IMPRESO DE BAIXA
- PUBLICACIÓN DE LISTAS ENGLISH SPORT CAMP:
- PUBLICACIÓN DE LISTAS DEPORTE E NATUREZA:
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
INFORMACIÓN XERAL DOS CAMPAMENTOS URBANOS (consultar condicións xerais)
- ENGLISH SPORT CAMP, do 17 de xullo ao 4 de agosto (100 prazas/semana).
- CAMP. DEPORTES E NATUREZA, do 7 de agosto ao 1 de setembro (80 prazas/semana).
Horario (luns a venres, excepto festivos):
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h: ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas.
3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
Lugar:
1. ENGLISH SPORT CAMP, recinto escolar do CEIP Vicente Otero Valcárcel.
2. CAMP. DEPORTE E NATUREZA, instalacións do Complexo Deportivo e Cultural de Paleo (Pavillón do Espiño, Centro Antón Fraguas, Casa da Cultura, Pista deportiva exterior, etc.)
Destinatarios:
1. Para nenos/as de 3 a 15 anos.
2. Preferencia empadroados/as no Concello de Carral ou aqueles nenos/as inscritos nos Centro Educativos públicos da localidade.
Prezo: 17,50 €/semana (consultar condicións de pago)
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
– Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta
– Preferencia aos empadroados/as.
PRAZOS DE PAGO:
– English Sport Camp: pago ata o 13 de xullo
– Camp. Deporte e Natureza: pago ata o 3 de agosto)
Máis info na Casa da Cultura (981.67.25.80) ou en casadacultura@carral.es