O ZAPATEIRO E O RAPOSO CHEGA A CARRAL DA MAN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Este vindeiro domingo 28 de agosto de 2016, no Campo da Feira do concello de Carral, ás 19 horas, sesión de contacontos “O zapateiro e o raposo” enmarcada no programa “Culturea, cultura e lingua no verán” da Xunta de Galicia.
O zapateiro e o raposo é unha actividade destinada ao público de todas as idades, nomeadamente ao familiar, que pon de novo en valor a oralidade en lingua galega e achega nunha escenificación baixo carpa os lances máis divertidos dos protagonistas da nova saga do zapateiro.
(Se chove a actividade trasladarase ao centro social de uso administrativo Toñito Espiñeira).