CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Un ano máis a Concellería de Educación, Traballo e Benestar organiza a Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos e produtos de hixiene persoal para familias con necesidades residentes no Concello de Carral.
Os puntos de recollida son o Edificio Social Toñito Espiñeira,colexio CEIP Vicente Otero Valcarcel, Colexio CEIP de Tabeaio, Ies de Carral, Bar Arredemo e Supermercado Eroski.
Animamos a todos a colaborar con esta campaña e moitas grazas por elo. Se algún establecemento está interesado en colaborar con esta causa pode poñerse en contacto no departamento de Servizos Sociais no 981613520 ou preguntar por Florinda Duarte. #axudaanecesitados #servizossociais#campañaalimentos