CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS/ALBANEIS

Por decreto da alcaldía do 16 de maio de 2017 aprobáronse as bases que rexerán a contratación de dous peóns, albaneis, para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña ao abiero do Programa de integración laboral 2017.

Trataríase de dous contratos de obra ou servizo determinado, a xornada completa, un por un período de catro meses e outro dende xuño ata o 31 de decembro de 2017.

O prazo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio na web do Concello, é dicir, ata o vindeiro 25 de maio, incluído.

Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse ao servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a dúas.

PEÓNS