CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA TÉCNICO/A DE MUSEO DURANTE DOUS MESES A XORNADA PARCIAL
O Concello de Carral inicia o procedemento de selección dun/ha técnico/a de museo ao abeiro das bases aprobadas por decreto de alcaldía 364/2017, do 6 de outubro de 2017, coas seguintes características:
– xornada parcial
– 21 horas semanais, de luns a sábado
– dous meses
– con cargo á subvención da Excma. Deputación da Coruña correspondente ao programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación durante o ano 2017
O tempo para a presentación de instancias será de cinco días naturais a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio e do correspondente anuncio no taboleiro do Concello (ata o 16 de outubro de 2017 inclusive).
Para máis información poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello chamando ao 981670002.