GAZAFELHOS OFRECE UN CONTACONTOS DRAMATIZADO NO TOÑITO ESPIÑEIRA
Teatro dos Gazafelhos ven a Carral o vindeiro domingo 24 de novembro cun contacontos dramatizado titulado “Iriña bailarina”.
É unha proposta dirixida a rapaces de 3 a 10 anos para reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. É unha función promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizada polos departamentos de Normalización Lingüística e de Cultura do Concello de Carral.
Terá lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira ás 12:00 h. A entrada é de balde e o aforo limitado.