APROL RURAL 2020: CONTRATACIÓN OPERARIO DE LIMPEZA DE MONTES
Por decreto da alcadía 280/2020, do 29 de xuño, resolveuse aprobar a listaxe provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación laboral temporal dun operario de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida a este Concello pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural
Outórgaselle aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.