TÉCNICO EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS: ACTA DO TRIBUNAL RESPONSABLE DA VALORACIÓN DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS
Publícase a acta íntegra levantada pola secretaria do tribunal responsable de valorar aos/ás candidatos/as presentados/as ao procedemento de selección para a contratación dun/ha técnico/a en materias medioambientais para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Carral.
Coa publicación deste anuncio outórgaselle a todos/as os/as candidatos/as un prazo de dous días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio na web e no taboleiro de anuncios do Concello para posibles reclamacións.