PEL-CONCELLOS: CONTRATACIÓN DE TRES OBREIROS/AS E UN/HA ELECTRICISTA

Por decreto da alcaldía do 11 de maio de 2022 resolveuse iniciar o procedemento de contratación de tres obreiros/as (albaneis) e un/ha electricista de acordo coa subvención concedida pola Excelentísima Deputación da Coruña ao abeiro do programa de axudas á contratación de persoal para execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña (liña 1.1 PEL-CONCELLOS 2022).

Os/as interesados/as terán de prazo ata o vindeiro xoves día 19 de maio de 2022 inclusive para a presentación de solicitudes.

Máis información nas oficinas de contratación do Concello de Carral.

bases