A BIBLIOPISCINA ABRE DENDE ESTA FIN DE SEMANA
Como cada verán a Biblioteca sae do seu espazo habitual e pon á disposición dos usuarios das piscinas municipais o servizo de bibliopiscina.
Mediante este servizo, pretendemos achegar a todo o público lecturas amenas e refrescantes para gozar dos libros nun espazo distinto, a piscina.
Os interesados poderán ler na zona da bibliopiscina ou levar os libros para a zona de baño. Non está permitido sacalos do recinto.
O horario é de 12:00 a 21:00 horas e os libros deben ser devoltos antes da hora de peche da piscina.