A ESCOLA DE TEATRO REPRESENTA TABEAIUS CIRCUS

Cartel Tabeaius CircusSete veciños de Tabeaio, todos eles membros da Escola Municipal de Teatro, representarán este sábado a obra Tabeaius Circus, unha comedia escrita polo director da escola, Carlos Sante.

O reparto, con idades comprendidas entre os 16 e os 72 anos, está formado por Lola Bestilleiro, Carmen Caridad, Julio Maceiras, Margarita Ramilo, Carmen R. Bocixa, Lorena Sánchez e Jesús S. Otero, e proceden todos do desaparecido grupo O Rueiro.

A función, incluída no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral, comezará ás 20:30 h, no local Xente Nova de Tabeaio. Prégase puntualidade xa que non se poderá acceder á sala unha vez iniciada a representación.