A XIMNASIA RÍTMICA GALEGA REUNIUSE EN CARRAL ESTA FIN DE SEMANA

Foron máis de 600 as/os deportistas que se deron cita en Carral entre o sábado e o domingo.

Ximnasia rítmica.


A ximnasia rítmica foi a protagonista indiscutible nesta fin de semana deportiva en Carral.

O sábado 16 de abril, celebrouse no pavillón municipal  do Espiño, o V Torneo Ximnasia Rítmica de Carral. Este evento deportivo e de carácter competitivo, foi organizado polo club X. R. Carral coa colaboración co Concello.

A primeira fase desta competición empezou ás 10.30 da mañá do sábado e prolongouse ata as 14.00  h. Nesta fase desenvolveron as súas actuacións as categorías alevín, cadete,  benxamín, sénior e  babies, todas elas na modalidade escolar, e tamén as categorías alevín promoción e  babie individual. Xa pola tarde, a partir das 16.00  h actuaron o conxuntos alevín individual,  prebenxamín escolar, sénior individual, cadete promoción,  prebenxamín individual, infantil promoción e sénior promoción. En total 14 categorías, 110  actuacións e 25 clubs/escolas de toda a xeografía galega (Porriño, Compostela, Coruña, As SONY DSCPontes, Vilagarcía, Rías Baixas, Poio, Abegondo,  Oza-Cesuras, etc, e por suposto Carral) que agruparon ás máis de 400 ximnastas que competiron en Carral.

Xa o domingo pola mañá, entre as 11.00  h ata as 13.30  h, celebrouse a  XVII Exhibición de Ximnasia Rítmica de Carral, que estivo organizada polo concello de Carral coa colaboración de club de ximnasia rítmica da localidade.   Nesta edición participaron 207 mozas do Colexio Mª  Barbeito, Oza/Cesuras, do Colexio Obradoiro, a Escola  Millenium, o Club  Viravolta Santiago, o  Acrodes de Pontedeume e as Escolas Municipais de Abegondo e Carral. Este evento deportivo tivo un carácter de exhibición a diferenza do torneo do día anterior. As idades das deportistas oscilaron entre os 3 e os 17 anos. En total contamos con 44 actuacións, tanto colectivas como individuais. A longo das 2 horas e media que durou a exhibición, as deportistas demostrarán o seu dominio nas diferentes disciplinas deste deporte; mans libres, corda, pelota, cinta, aro e mazas. Unha vez terminada a actuación fíxoselles entrega a todas as deportistas dunha medalla conmemorativa do certame.

 

 

 

 

Fotos

Fotos

 

 

 

 

 

 

IV Torneo Interprovincial “Jóvenes Promesas” de tiro olímpico.

O sábado 16, entre as 10.00 a 14.00  h celebrouse a 4ª edición do torneo  interprovincial de novas promesas de tiro olímpico na galería de tiro olímpico municipal de Carral. Este torneo, foi polo club de tiro olímpico da localidade. Nesta 4ª edición foron 52 os tiradores de diferentes puntos de Galicia, e tamén Asturias e León, distribuídos nas categorías de  benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.