,

A XUNTA ACTUALIZA AS ZONAS MARCADAS POLA PRESENCIA DA PRAGA DA POLILLA DA PATACA

A Xunta de Galicia actualizou, por medio do DOG do pasado 3 de febreiro, as zonas marcadas pola presencia da praga da polilla da pataca. Informámosvos das actualizacións que afectan ao noso municipio:

As parroquias de Paleo e Cañás mantéñense como zonas infestadas, polo que se segue sen poder plantar patacas.

As parroquias de Beira, Quembre, Sergude, Tabeaio e San Vicente de Vigo continúan como zona tampón. Polo tanto, nestas zonas estará permitido plantar patacas sempre que se comunique inmediatamente despois da sementeira e, en todo caso, antes do 1 de abril, para todas as parcelas cultivadas con pataca.

Os veciños e veciñas dispoñen do teléfono 981 67 00 02 para resolver calquera dúbida.