ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2019 DA DEPUTACIÓN
O Concello de Carral ten adxudicadas 4 prazas na Campaña de Esquí 2019.
Hoxe mércores o concello de Carral abriu o prazo de inscrición para a Campaña de Esquí 2019, que terá lugar (para os carraleses/ as) entre o 1 e o 4 de febreiro e no que polo menos 4 mozos/ as de Carral (de 11 a 15 anos), poderán acudir á estación invernal de Manzaneda para aprender a esquiar e gozar da neve. A viaxe está incluído na Campaña de Esquí 2019 que organiza a Deputación da Coruña, na que nenos/ as da provincia achéganse e coñecen o deporte do esquí durante 4 días.
O prezo da viaxe total da viaxe é de 85 €, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, aluguer do material, forfait, etc.
O prazo de inscrición nas dependencias municipais termina o próximo 10 de xaneiro ás 14.00 h. De superarse as 4 prazas que a Deputación adxudicou ao municipio carralés, realizarase un sorteo público que tería lugar o próximo 11 de xaneiro, ás 9.30 h no salón de plenos do Concello.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.