AFECCIONADOS CARRALESES ACUDIRÁN ESTE SÁBADO Á PISTA DE XEO DO BURGO
Son 50 os mozos e mozas carraleses que poderán patinar este sábado pola mañá no Burgo.
Un ano máis a concellería de deportes de Carral organiza esta viaxe á pista de xeo (no paseo do Burgo). Mediante esta excursión o Concello de Carral busca fomentar a práctica deportiva e achegar novas formas de ocupación do tempo de lecer á poboación máis nova, vinculándoa como sempre coa idea do hábito deportivo saudable. Para iso o departamento municipal ha disposto 50 prazas para todos aqueles maiores de 4 anos que lles guste a patinaxe, das que xa só quedan 12.
O prezo da viaxe é de 8 €, que inclúen o transporte de ida e volta con monitores (tamén dentro da pista) a entrada á pista de xeo e o aluguer dos patíns.
A excursión iniciarase este sábado 12 ao redor das 10.30 h, momento no que o grupo partirá cara á instalación deportiva en Culleredo. Entre as 11.00 e as 12.00 os participantes poderán gozar da patinaxe sobre xeo, onde dos máis expertos patinadores poderán lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.