AS DATAS PARA OS EXAMES DE NIVEL CELGA 1, 2, 3 E 4 XA ESTÁN APROBADAS
Consulta as datas nas que se realizarán as probas de nivel Celga!
Os exames de Celga 4, 3 e 2 terán lugar tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada.
A proba de Celga 1 terá lugar unicamente en Santiago, na Escola Galega de Administración Pública.
A parte escrita dará comezo ás 9:00 horas e, unha vez rematada, cada persoa examinada poderá consultar a hora da súa proba oral, na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou no centro.
CELGA 4:
18 de maio para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, e U.
19 de maio para as persoas entre as letras V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F, e G.
CELGA 3:
25 de maio para todas as persoas admitidas.
CELGA 2:
26 de maio para todas as persoas admitidas.
CELGA 1:
1 de xuño, para todas as persoas admitidas.
Consulta máis información: https://acortar.link/ECFt4f