AS PISCINAS MUNICIPAIS DE CARRAL VOLVEN A ABRIR AS PORTAS ESTE SÁBADO

O Concello de Carral abre este fin de semana as piscinas municipais.

O concello de Carral  abrirá ao público o sábado 18 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h, de luns a domingo. Estas instalacións, que datan de 1995, se encontran incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo chapuzadura infantil.

 

Os prezos este ano serán os seguintes:

 

PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS:

(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011)

Entrada libre diaria xeral 1,50 €
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos 1,00 €
Abono individual tempada de verán. 13,00 €
Abono familiar tempada de verán. 22,00 €
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos 10,00 €
Aluguer de tumbonas. 1,50 €
Aluguer de calles da piscina. 10 €/calle/sesión
Descontos voluntarios de protección civil. Entrada individual gratuíta
Menores de 3 anos Gratis
Fianza pola tarxeta de acceso dos socios 3,00 €/tarxeta

 

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.    Por outra parte, en breve presentarase a programación de actividades deportivas cara o verán 2016, dentro do cal estarán incluídos os cursos de natación entre outras moitas actividades.