Entries by Carlos

OS REIS MAGOS VISITARÁN CARRAL DESDE PRIMEIRA HORA DA TARDE

Os Reis Magos de Oriente pasarán polos centros socioculturais de todas as parroquias de Carral. Os  horarios das visitas dos Reis para o vindeiro domingo son: – Monte Xalo: 15:00 h. – Cabrois: 15:30 h. – San Vicente: 15:45 h. – A Cabra: 16:10 h. – Cañás: 16:30 h. – O Canedo: 16:35 h. – […]

TABEAIO ACOLLE O CONCERTO DE PANXOLIÑAS

O Coro de Mulleres Rurais de Guísamo e a Coral Polifónica Aires de Carral ofrecerán un concerto de panxoliñas en Tabeaio, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Carral. O concerto terá lugar o domingo 22, ás 19:00 h. no local Xente Nova. A entrada é de balde. Este festival forma parte da programación […]

REAPERTURA DO LOCAL INTERXERACIONAL.

O vindeiro luns día 16 de decembro, realizarase a reapertura do local interxeracional (antigo Local da Xuventude), situado na R/ Alcalde Juan Seijas nº 8, baixo. Este novo centro terá un horario de luns a venres de 16:00 a 21:00 h., e nel tanto a mocidade como as persoas maiores disporán do seu espazo. Un […]

CULTURA OFERTA UN CURSO DE RECEITAS DE NADAL

Nas actividades que a concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para o Nadal, incluíuse un obradoiro de dous días para elaborar un menú especial para estas datas festivas. O curso, dirixido a adultos, levarase a cabo o 16 e 18 de decembro no Centro Municipal de Formación Antón Fraguas en horario de 20:00 […]

GAZAFELHOS OFRECE UN CONTACONTOS DRAMATIZADO NO TOÑITO ESPIÑEIRA

Teatro dos Gazafelhos ven a Carral o vindeiro domingo 24 de novembro cun contacontos dramatizado titulado “Iriña bailarina”. É unha proposta dirixida a rapaces de 3 a 10 anos para reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. É unha función promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizada […]

O ESPECTÁCULO TEATRAL “DÚAS DONAS QUE BAILAN” MUDA DE DATA

A representación de “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlántico, incluída no ciclo de Teatro de Outono e prevista para este sábado, muda de data para o 14 de decembro ás 20:30 h. O motivo do cambio é a baixa médica dun membro do elenco. Esta mudanza afecta tamén ao espectáculo “Puño Puñete” de […]

ALUMNADO DA ESO ACHÉGASE ÁS ARTES PLÁSTICAS GALEGAS FEITA POR MULLERES

A sala de audiovisuais da Casa da Cultura acollerá mañá a proxección do documental Arte+Muller+Galicia destinada a alumnado de 3º da ESO do instituto de Carral. O filme, dirixido pola experta en arte Rosario Sarmiento, expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte […]

PROGRAMACION DE ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25N

Programación de actividades para o 25 de novembro de 2019 DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO :   “CARRAL CONTRA A VIOLENCIA ENTRE HOMES E MULLERES”   📣 23 de novembro(sábado) saíndo ás 10.30 de A Fábrica de Oleiros.VII Andaina contra a violencia de xénero organizado polo Consorcio As Mariñas   📣25 novembro ás […]

,

OBRA “CUBRICIÓN DE PISTAS DE PÁDEL”

    O Concello de Carral executou a obra de “Cubrición de pistas de pádel” (Subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader- 5.845,16 €-, co cofinanciamento do FEADER (UNIÓN EUROPEA)- 19.483,88 €- e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación -649,46 € (axuda global de 25.978,50 € sobre o orzamento total de 51.956,99 €, IVE incluido)) ao […]