About Carlos
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that Carlos contributed 1040 entries already.
Entries by Carlos
INTERESARÍACHE SER VOLUNTARIA/O EUROPEA/O?
A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai uns anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea. Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), e co de Malta, no que un mozo ou moza, poderá […]
FOGUEIRAS DE SAN XOÁN (Comunicación previa)
De acordo ca lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deberase presentar: COMUNICACIÓN PREVIA AO CONCELLO PARA A REALIZACIÓN DAS FOGUEIRAS NA FESTIVIDADE DE SAN XOÁN Máis información no servicio de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002 comunicacion previa san xoan 2019
Axudas á apicultura
A Consellería de Medio Rural, publica: – DOG nº98 do venres 24 de maio de 2019 AXUDAS Á APICULTURA Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002 AnuncioG0426-140519-0001_gl AnuncioG0426-140519-0002_gl
A ESCOLA DE FOTOGRAFÍA EXPÓN NO TOÑITO ESPIÑEIRA
Unha vez rematado o curso 2018-2019 das escolas culturais municipais, o alumnado de Fotografía presenta parte dos seus traballos na sala de exposicións do Edificio Social Toñito Espiñeira. A mostra estará aberta ao público ata o mércores 5 de xuño.
XURXO ALONSA RECIBIRÁ ESTE VENRES O PREMIO CONCELLO DE CARRAL DE POESÍA
A Casa da Cultura de Carral acollerá este venres, ás 20:00 h, o acto do 22º Certame de Poesía Concello de Carral, no que se lle entregará o premio a Xurxo Alonso por gañar esta edición co seu libro En luz escrita, e no que tamén se presentará a publicación do libro gañador do ano […]
SOLICITUDE AXUDAS AO ESTUDO A ESTUDANTES CURSO 2018/2019 ATA 11 XUÑO
Apróbanse as axudas ao estudo do Concello de Carral para o curso 2018-2019 Ata o 11 de xuño pódense presentar solicitude para axudas ao estudo os estudantes empadronados en Carral que cumpran os seguintes requisitos: 1.–Estando empadroados/as no municipio de Carral, as persoas que se atopan en algunha/s das circunstancias seguintes: 2.–Estudantes de 2.º ciclo […]
XURXO ALONSO GAÑA O XXII CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”
Xurxo Alonso, coa súa obra En luz escrita resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano. O xurado salienta neste poemario a súa sólida arquitectura, a forza intensional do conxunto e a admirable estratificación conceptual do discurso, inzado de citas, homenaxes e intertextualidades que entroncan este texto coa mellor tradición galega […]
CARRAL HOMENAXEA A ANTÓN FRAGUAS NAS LETRAS GALEGAS
O departamento de Cultura do Concello ven de instalar en diversos puntos de Carral, paneis divulgativos sobre Antonio Fraguas Fraguas, importante persoeiro da cultura galega ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Fraguas foi un dos principais investigadores nas áreas da historia, do folclore e da etnografía de Galicia. A […]
CAMPAÑA LIBROS SOLIDARIOS NA FESTA DO PAN
Ao igual que en edicións anteriores, a Festa do Pan de Carral acollerá unha carpa para a campaña Libros Solidarios que organizan as Bibliotecas municipais, na que se poderá facer o troco de libros por alimentos ou produtos de hixiene. Durante case un mes numerosas persoas cederon libros para esta campaña, e na festa quen […]
Teléfonos de interese
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186
Outras formas de contacto: