Entries by Carlos

A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS DO MAGO ANTÓN CHEGA A CARRAL

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece este sábado, 8 de setembro, no marco das Festas do Socorro, ao Mago Antón con “A volta a Galicia en 313 concellos”. É un espectáculo que realiza no “magomóbil”, un trailer especialmente preparado para acoller as súas funcións de” maxia de preto” con 70 espectadores no […]

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “EMPRENDEMENTO XUVENIL”

O obradoiro de emprego  “Emprendemento xuvenil” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo social Europeo promovido polo Concello de Betanzos conveniado cos concellos de Carral, Coiros, Abegondo e Paderne.   Pinchar para ver as bases: [ ]BASES […]

ROSA CEDRÓN E PEPE PIÑA PROTAGONIZAN O CICLO MÚSICAS ÍNTIMAS

O terceiro ciclo de Músicas Íntimas – Concertos na Piscina presenta esta fin de semana dous espectáculos de estilos diferentes. Rosa Cedrón abre o ciclo o sábado 1 de setembro cun concerto a dúo. A súa voz gravou innumerables cancións. Converteuse en buque insignia dunha nova xeración de músicos que coidaron cada detalle, cada nota, […]

Axudas para a mellora das vivendas

O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica: – DOG nº158 do 21 de agosto de 2018 Axudas para a mellora da eficiencia enerxética, da conservación, da seguridade e da accesibilidade das vivendas Prazo: 1 mes Máis información no Servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002   AnuncioC3Q2-090818-0001_gl

O CINE AO AIRE LIBRE VOLVE AO CAMPO DA FEIRA

Un novo ciclo de cine ao aire libre volve a Carral da man da Concellería de Cultura e da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural. Noite de Película serán catro sesións con obras de éxito que se proxectarán no Campo da Feira ás 22:00 h. O programa deste novo ciclo é o […]

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA A REALIZAR NAS ESCOLAS DE IDIOMAS

No DOG nº 155 do 14 de agosto de 2018 publícase resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega cursos preparatorios para os certificados de lingua galega que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. […]

6 SETEMBRO XLV FESTA DA EMPANADA

Este ano a celebración da Festa da empanada de Carral vai ser o xoves 6 de setembro a partir das cinco da tarde. Como cada ano, diferentes panaderías carralesas venderán as súas empanadas para tódolos gustos: bonito, bacallau, zamburiñas, carne,..etc entre outras viandas..Poderemos disfrutar dunha tarde agradable comendo no campo da feira e bebendo viño […]