Entries by Carlos

CURSO DE PODA DE ÁRBORES FROITEIRAS 2018

Venres 16 de febreiro de 2018, das 17:00 ás 21:00 horas, e sábado 17 de febreiro de 2018, das 10:00 ás 14:00 horas. Inscrición ata o 15 de febreiro Información e inscricións: Departamento de Medio Ambiente (981670002) maria.couto@carral.es

SORTEO XXIII CAMPAÑA DE COMERCIO DE NADAL

Rematado o prazo de compras nos comercios participantes na Campaña de Comercio, procederase a realizar o sorteo dos premios. O sorteo é público e a partir dese día se chamarán as persoas gañadoras e se repartirá copia da acta nos comercios participantes. Lugar: Edificio Social Toñito Espiñeira Día : Venres 12 de xaneiro Hora:11.00 h […]

O ALCALDE PRESENTOU A 21ª EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL

O alcalde de Carral presentou esta mañá as bases da vixésima primeira edición do premio poético “Concello de Carral”. José Luis Fernández Mouriño, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou na Casa da Cultura unha nova edición do certame poético, que continúa co obxectivo de contribuír ao descubrimento e consolidación dos […]

FESTA DE REIS 5 DE XANEIRO 2018

Xa estamos cerquiña da data tan desexadas das familias o Día de Reis 👑👑👑. O Concello de Carral ten a comitiva real preparada para partir polas parroquias dende pola mañan ata a tarde chegar ao Pavillón o Espiño. Pola mañan Irán por Quembre, Barcia, Herves, O Canedo, Cabra, As Travesas, Veira. Pola tarde por Cabrois, Tabeaio, […]

VISITAS GUIADAS AO MUSEO DO CASTRO DAS TRAVESAS

O museo do castro das Travesas vai levar a cabo unha serie de visitas guiadas entre os días 26 e 29 de decembro, co obxecto de ofrecer á poboación local e visitantes a posibilidade de coñecer as características e pezas extraídas deste castro carralés. As visitas comezarán ás 11:30 h. e terán unha duración dunha […]

DURANTE O NADAL A CASA DA CULTURA OFRECE UN CICLO DE CINE

Películas para todos os públicos proxectaranse na Casa da Cultura nun novo ciclo de cine, que nesta ocasión presenta oito producións. O programa é o seguinte: Martes 26 de decembro: 17:00 h: VAIANA 20: 30 h: LA LA LAND, LA CIUDAD DE LAS ESTRELLAS Xoves 28 de decembro: 17:00 h: ¡CANTA! 20:30 h: ROGUE ONE. […]

O FESTIVAL DE PANXOLIÑAS REÚNE ÁS CORAIS DE VILABOA E CARRAL

A Coral de Mulleres de Vilaboa (Culleredo) e a Polifónica Aires de Carral ofrecerán este domingo un concerto de panxoliñas no Local Xente Nova de Tabeaio, ás 19:00 h. A coral cullerdense creouse no 2008 e desde entón ten acumulado un extenso historial de concertos por diversas localidades de Galicia e España. Desde o seu […]

REIS MAGOS DE VERDADE

O Concello de Carral participa no proxecto “Reyes Magos de Verdad”. Desta maneira todas as persoas (tanto pequenos como maiores) que estén en situación desfavorecida económicamente e que consten nos servizos sociais do concello poderán ter o regalo que eles mesmos pidan, non un calquera. 105 persoas en Carral  fixeron a súa carta aos reis […]