Entries by Carlos

O GRUPO DE TEATRO CARRALÉS CHARAMUSCA ESTREA “A OPORTUNIDADE”

O grupo de teatro amador Charamusca, formado por actores de Carral e dirixido por Xosé Leis, estrean a súa nova produción A Oportunidade. Será mañá, 29 de outubro, dentro do ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral. Na obra interveñen Verónica Méndez, Antonio Rodríguez, Xavier Veiras, Carmen Barros, […]

OS TÍTERES DO FESTIVAL GALICREQUES VOLVEN A CARRAL

Un ano máis, o festival Galicreques das Mariñas volve a Carral presentando dous espectáculos. Os rapaces de Educación Infantil do colexio Vicente Otero gozarán da obra Cenicienta, da compañía madrileña La Mar de Marionetas. Será unha función escolar no local Xente Nova en Tabeaio o venres 27 de outubro. Aberta a todo o público e […]

O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHA FESTA DE SAMAÍN

O sábado 28 de outubro a partir das 17:00 horas, o concello de Carral celebrará unha festa do Samaín para nenos e nenas. Será no pavillón do Espiño: maquillaxe, globoflexia, música, xogos e inchables para unha tarde de diversión. Os participantes deberán achegarse co seu disfraz máis terrorífico.  

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS DATA: 6 NOVEMBRO DURACIÓN: 3 HORAS (10.00-13.00) LUGAR: EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA APUNTARSE no Toñito Espiñiera ata o 31 de outubro no 981613520 ou no mail educacion@carral.es

SERVIZO DE ATENCIÓN A COIDADORAS

Se es ou fuches coidadora de persoas dependentes e necesitas apoio ofrecémosche información e asesoramento. Apúntate ao servizo que pon á vosa disposición o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral coa colaboración de Fundación mujeres de Deputación da Coruña

SERVICIO DE ATENCIÓN A PERSONAS CUIDADORAS

Si eres o fuiste cuidadora de personas dependientes y necesitas apoyo, te ofrecemos información y asesoramiento. Apúntate al servicio que pone a vuestra disposición e departamento de Servicios Sociales del Ayuntamiento de Carral con la colaboración de Fundación mujeres y de Diputación de Coruña      

O CLUB DE LECTURA DE CARRAL RETOMA AS SÚAS SESIÓNS

O Club de Lectura de Carral comeza de novo as súas xuntanzas. As sesións do club celébranse quincenalmente, os mércores en horario de 19:00 a 20:30 horas e fórmano un grupo de persoas que gozan coa lectura e comparten as súas opinións arredor dos libros. Os interesados en participar poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal […]