Entries by Carlos

VOLTAMOS Ó AQUAPARK!

Despois de ter que aprazar a actividade para hoxe e de que o ano pasado non poidemos organizar esta excursión, voltamos a Cerceda a pasar o día no Aquapark. A pesar de que o día comezou algo nubrado, e do verán que estamos a ter, foi aparecendo o sol por momentos e quedou unha tarde […]

COÑECENDO O NOSO CONCELLO CON “PATEA CARRAL”

O sábado pasado un grupo de 20 persoas realizamos unha variante do roteiro mariñán PR-G 101, organizado pola OMIX. Ás 9:30 horas desde o campo da feira comezamos esta andaina que nos levou toda a maña e que nos fixo pasar por lugares do noso municipio que moitas e moitos das/os participantes descoñecían. Lugares tan […]

A OMIX, DESCUBRINDO ARTISTAS!

Este fin de semana realizouse o Obradoiro de arte urbana organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil). Nesta actividade os participantes, puideron aprender a realizar pintura mural tanto con sprays coma con pintura plástica. A cooperativa cultural 7H, impartiu este curso que se levou a cabo o venres e o sábado, e que tivo […]

NOVAS DATAS PARA OS CONCERTOS DE MÚSICAS ÍNTIMAS

A Concellería de Cultura comunica que os concertos do ciclo Músicas Íntimas, previstos inicialmente para esta fin de semana, mudan de datas. Así o concerto de MJ Pérez será o sábado 31 de xullo e o de Lulavai o 1 de agosto. Desde o departamento de Cultura piden desculpas polas molestias que poida ocasionar este […]

ÉXITO DA EXPOSICIÓN “9 MESES, 9 CAUSAS”

O pasado martes rematou a exposición “9 meses, 9 causas”, que se organizou desde o CEIP Vicente Otero Valcarcel, e coa que colaborou o Concello de Carral, a través da OMIX (oficina municipal de información xuvenil). Durante unha semana, entre o 15 e o 22 de xuño, preto de 250 persoas pasaron polo Local Interxeracional […]

EXCURSIÓN Ó AQUAPARK DE CERCEDA COA OMIX

Despois de que o ano pasado fora a primeira vez que non imos o Aquapark de Cerceda despois de moitos anos seguidos, este ano retomamos esta actividade que tan boa acollida ten entre a nosa xuventude. O mércores día 7 de xullo será o día no que, nenas e nenos de entre 8 e 17 […]

VEN A FACER O ROTEIRO PR-G 101 COA OMIX

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza para o vindeiro 3 de xullo, unha actividade de sendeirismo. Nesta ocasión, faremos o roteiro PR-G 101, que percorre parte do noso Concello, pasando por Quembre, a capela de San Pedro de Rubieiro, ou a Costa da Égoa entre outros lugares. E un roteiro con una dificultade […]

OBRADOIRO ARTE URBANA

Queres aprender a facer pintura mural de arte urbana? Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos este obradoiro para que desenvolvas toda a túa creatividade artística e aprendas a facer pintura mural tanto con spray como con pintura plástica. Para rapazas e rapaces a partir de 15 anos, desenvolverase no local Interxeracional durante […]

A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Esta data, escollida pola Real Academia Galega, coincide coa publicación, en 1863, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Máis que nunca queremos celebrar o día das nosas letras e unha boa maneira de facelo é achegar ós lectores libros na nosa lingua. Na Casa […]

CARRAL PRESENTA A XELA ARIAS

O departamento municipal de Cultura e o de Normalización Lingüística veñen de instalar en diferentes puntos de Carral paneis que ofrecen datos biográficos e da obra literaria de Xela Arias, a autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Con esta iniciativa, que xa se fixo en anos anteriores, preténdese […]