Entries by prensa

,

ENTREGA DE PREMIOS DE TAPEANDO CARRAL 2024

O Concello de Carral fixo entrega hoxe, na Casa do Concello, dos premios do Concurso ‘Tapeando Carral’ 2024. O Velo de volandeira do Pacífico, do local Terra, proclamouse vencedor por partida dobre ao facerse co galardón ao mellor petisco tanto na votación popular como na de xurado. Os premios para o establecemento gañador consistiu en […]

, ,

O EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA ACOLLE A EXPOSICIÓN ‘NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES’, DE AFUNDACIÓN

O edificio social Toñito Espiñeira de Carral acollerá, desde hoxe e ata o 21 de xaneiro, a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’, da colección Afundación.  No día de hoxe tivo lugar a visita de presentación da mostra, á que acudiron o alcalde de Carral, Javier Gestal; así como Vanessa Sende Cardoso, da Área de Cultura […]

,

CAMPAÑA SOLIDARIA

O pasado 13 de decembro, entregáronse no departamento de Servizos Sociais máis de 800 kg de alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza e de hixiene, a través da campaña solidaria organizada no polígono industrial do municipio. Aplicaciones de Bombeo Industrial S.L e Obras Civiles Del Atlántico S.L. foron as empresas que organizaron esta iniciativa solidaria, […]

,

CARRAL REPARTIRÁ 2.000 EUROS EN PREMIOS DURANTE A SÚA CAMPAÑA DE COMERCIO DE NADAL

Outro ano máis, Carral celebrará a súa campaña de turismo, a XXX edición, co obxectivo de seguir traballando no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal. Así, ademais do concurso Tapeando Carral, celebrado recentemente, o Concello porá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral no […]

, ,

CARRAL ORGANIZA OUTRA EDICIÓN DE ‘PAPEQUES’ E OFRECE 7 FUNCIÓNS DE TEATRO, CINE, CONTACONTOS E MAXIA PARA A RAPAZADA 

Carral ofrecerá, ao longo do mes de decembro, unha nova edición do seu programa de espectáculos infantís ‘Papeques’, dirixido aos nenos e nenas do municipio durante este Nadal.  A programación arrincará o vindeiro 5 de decembro, e prolongarase ata o 20 de decembro. Ao longo das vindeiras semanas, os pequenos e pequenas poderán gozar de […]

, , ,

ENTREGA GRATUÍTA DE COMPOSTEIROS EN CARRAL

O Consorcio As Mariñas inicia unha nova campaña de compostaxe doméstica coa distribución de 1.700 composteiros de baldeentre a veciñanza dos oito concellos que o conforman: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Esta iniciativa busca fomentar a separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a compostaxe doméstica nos fogares que dispoñan dun pequeno terreo. Material […]

,

VOLVE TAPEANDO CARRAL, O CONCURSO PARA IR ABRINDO BOCA E IMPULSAR O CONSUMO NO TECIDO HOSTALEIRO ANTES DO NADALVOLVE

O Concello organiza, outro ano máis, unha nova edición do seu concurso Tapeando Carral, unha iniciativa coa que o goberno local busca un claro obxectivo: impulsar o consumo no tecido hostaleiro e dar a coñecer a ampla oferta do municipio antes da campaña do Nadal.  A iniciativa levarase a cabo entre o xoves, 5 de decembro, […]