Entries by prensa

O PATEA CARRAL, DA OMIX, PASARÁ POR CABROIS E QUEMBRE.

Un novo roteiro, o 6º xa, deseñado e organizado desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, terá lugar o sábado día 6 de maio e percorrerá os lugares de Quembre e Cabrois entre outros. A saída esta planificada para as 9:00 h. desde o campo da feira e o regreso sobre as […]

CONTRATACIÓN DE TRES ALBANEIS E UN ELECTRICISTA, OFICIAIS DE SEGUNDA, AO ABEIRO DA LIÑA DE AXUDAS PEL-CONCELLOS 2023

Por decreto da alcaldía do 05 de abril de 2023 resolveuse iniciar o procedemento de selección para a contratación de tres albaneis e un electricista (oficiais de segunda), durante seis meses e a xornada parcial para o departamento de Obras municipal. A contratación está financiada pola Excelentísima Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de […]

O CONCELLO CEDE O ANTIGO COLEXIO VÍCTOR VELASCO PARA A POSTA EN MARCHA DUN CENTRO ESPECIALIZADO EN ANIMACIÓN 3D E VIDEOXOGOS

O Concello de Carral cedeu hoxe o antigo colexio Víctor Velasco para ubicar nel un espazo formativo e tecnolóxico denominado ‘AMIGA’ e no que se realizarán cursos de especialización en animación e produción en 3D ou videoxogos. O alcalde, Javier Gestal, asinou este martes un convenio co director e produtor de cine, Xosé Zapata, que […]

INICIADAS AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN NA RÚA RÍO DE CANLES

Na mañá deste venres arrincaron os traballos de humanización na rúa Río de Canles tras sufrir un atraso no seu inicio. Por mor destas obras, o tráfico verase cortado nesta zona durante os vindeiros días. Desde o Concello de Carral pedimos desculpas de antemán polas molestias que isto poida ocasionar á veciñanza.

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO PRIMEIRO PROGRAMA DE SAÚDE BUCODENTAL DO CONCELLO NOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO

O primeiro programa de saúde bucodental dirixido aos centros escolares do municipio posto en marcha polo Concello, través da Concellería de Educación, foi todo un éxito de participación. Durante este luns e o pasado, coincidindo co Día Mundial da Saúde Dental, nenos e nenas de educación infantil do CEIP Vicente Otero Valcárcel aprenderon sobre a […]

O GOBERNO CONFÍA EN FINANCIAR A EXECUCIÓN DA EDAR COS FONDOS DA PRÓXIMA CONVOCATORIA DE TRANSICIÓN XUSTA

O Concello de Carral concorrerá á próxima convocatoria de fondos do Instituto para a Transición Xusta. Así o confirman desde o goberno local, indicando, ademais, que encaran a próxima convocatoria con “optimismo”, confiando en recibir o apoio económico necesario para executar o proxecto de innovación na xestión da auga residual e construír unha nova depuradora. […]

CASA AVELINA, GAÑADORA DO III PREMIO 8 DE MARZO

O establecemento hostaleiro Casa Avelina resultou gañador na terceira entrega do Premio 8 de marzo, unha iniciativa posta en marcha polo Concello para dar visibilidade ás mulleres do municipio e ao seu papel na sociedade carralesa. Nesta edición houbo dúas formas de participación: a través da app móbil ‘Cuida Carral’ e de xeito presencial no rexistro […]