Entries by prensa

DO PINCHO E COSTA DA EGOA CONQUISTAN O III CONCURSO TAPEANDO CARRAL

O III concurso de tapas Tapeando Carral concluíu xa deixando un bo sabor de boca aos gañadores desta edición: Do Pincho e Costa da Egoa. Por unha banda, coa súa elaboración ‘brioburguer de lacón’, Do Pincho conquistou o galardón popular. Costa da Egoa fixo o propio co seu ‘petisco dos muíños’, facéndose co premio que […]

RECOMENDACIÓNS PARA RECICLAR ESTE NADAL

Para coidar do noso planeta é importante seguir a regra das tres R: reduce, recicla e reutiliza. Isto hai que aplicalo durante todo o ano, pero aínda máis no Nadal, posto que se trata da época do ano que máis residuos se producen por causa das comidas, regalos, envoltorios e demais. Deposita: Papel e caixas […]

RESULTADOS DO III CONCURSO DE TAPAS TAPEANDO CARRAL

O Concello de Carral publica os resultados do III Concurso de Tapas Tapeando Carral. A relación de premiados é a que, a continuación, se indica: Premio do xurado popular á tapa “Brioburguer de Lacón” do establecemento “Do Pincho”. Premio do xurado profesional á tapa “Petisco dos Muiños” do establecemento Costa da Egoa. Primeiro premio: Manuel C. B. […]

CARRAL REPITE O SEU CONCURSO DE DECORACIÓN DE VIVENDAS E COMERCIOS POLO NADAL TRAS O ÉXITO DA PRIMEIRA EDICIÓN

O Concello de Carral lanza unha nova edición do seu concurso de Decoración de vivendas e comercios polo Nadal tras o éxito acadado na primeira edición. O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Bello, sinala que o obxectivo desta iniciativa “é encher o municipio do espírito de Nadal e fomentar a participación dos veciños e veciñas […]

CARRAL PREPARA O SEU XIII DÍA DO PATÍN

Dentro da programación deportiva municipal, o domingo 11 de decembro, o Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia, organizan o “XIII Día do Patín” no Complexo Cultural e Deportivo de Paleo. Este evento naceu hai xa 13 anos coa finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través dunha disciplina deportiva que […]

CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña lanza unha nova edición da súa Campaña da Neve para acudir á estación de Valgrande-Pajares entre o 13 de xaneiro e o 17 de febreiro. A iniciativa está dirixida a mozos e mozas de entre 11 e 15 anos que aprenderán a esquiar nunha das mellores estacións do país. En caso de […]

CARRAL INVOLUCRA Á COMUNIDADE EDUCATIVA NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O 25N

Carral involucrará, de novo, á comunidade educativa na loita contra a violencia de xénero. Coincidindo con 25N, o Concello levará a cabo un completo programa para conmemorar esta xornada coa colaboración do CEIP Vicente Otero Valcárcel e do IES de Carral. As actividades terán lugar no Toñito Espiñeira desde as 12.00 horas. Por un lado, […]